lunes, 13 de abril de 2020

MARTES 14 DE ABRIL

Benvid@s ao Terceiro Trimestre.

Quixese que fose un trimestre normal, todos e todas na aula, pero de momento non vai ser asi.

De todas maneiras tranquil@s.
Ata que nos vexamos non imos aprender cousas novas, pero si que podemos repasar todo o aprendido ao longo do curso.
Un pouquiño de traballo diario axudaranos.
Serán os vosos pais, ou con quen esteades na casa quen vos diga cando e como facer as actividades, o tempo deben organizalos quen vos acompañe.
A min podedes mandarme o que queirades: debuxos, vídeos, contos, o que queirades e poidades.

 Imos organizarnos do seguinte xeito:
Eu propoñereivos cada día algunha actividade de lingua ou lengua (unha semana cada unha) e algo de matemáticas. Algúns de vós non podedes imprimilas, pero seguro que podedes facer algo nas libretas.

Tamén algunha actividade que atope de ciencias, ou plástica, ou..... xa imos vendo(vídeos, contos,....)

Hoxe comezamos con iso ESPECIAL.Mañá tiñamos que ir a Santiago, a visitar o MUSEO DE HISTORIA NATURAL .
Deixamos a reserva feita xa para o curso vindeiro, pero imos dar unha volta virtual por el.
Preme na imaxe e vai facéndote  unha idea . Alí gustarache moito máis.

http://www2.usc.es/museohn/visita_virtual/

Unha lectura . Fai a lectura e a comprensión. Se che apetece podes facer unha pequena copia da lectura para mellorar a letra un pouco.

RESTA E RESTA SEN PARAR ... AQUI

SUMA MÚLTIPLOS DE 10 .... AQUI

ESCRIBE NÚMEROS EN LETRA .... AQUI 


--------------------------------------------------------------------------------------------

PARA SAMUEL
Preme nestes números e atoparás actividades para toda a semana  1  2   3 
 -------------------------------------------------------------------------------------------
PARA MALAK

Lee y haz en tu cuaderno
 

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario