jueves, 17 de octubre de 2013

Concurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís

Estamos facendo os últimos ensaios para participar no Concurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. O noso grupo de teatro chámase "Os cabagungas" e a obra que van representar chámase "IR Á ESCOLA NON AMOLA".
Hoxe fixemos o último ensaio diante dos nosos compañeiros e compañeiras.

Celebramos o Id

A nosa compañeira Javeria é musulmá e igual que ela celebra con nós o Nadal, nós vimos de celebrar con ela o Id, a Festa do Sacrificio, unha celebración moi importante para eles.
Así que seguimos algunhas das súas tradicións, e pintamos as mans con henna.
Tamén tivemos unha sorpresa, e foi que Tahira, a súa nai, fixo dóces para nós, así que poidemos probar gulab jamen e khir. Estábanche ben bos!


viernes, 11 de octubre de 2013

Os seres vivos

Nestas imaxes hai actividades para coñecer máis cousas sobre os seres vivos, e tamén curiosidades do mundo animal.


jueves, 10 de octubre de 2013

sábado, 5 de octubre de 2013

Museo etnográfico de A Capela

E rematamos a xornada visitando un museo etnográfico que estaba moi preto. Dixéronnos que foron os rapaces de rapazas do colexio os que empezaron a recoller e restaurar as pezas que alí había. Fixémonos unha idea de como se vivía hai un século, do que tiñan e que usaban para cada cousa. Moi interesante, fíxosenos curta a visita, pero xa tiñamos fame. Nestas fotos compartimos a visita con vós.

Xogos tradicionais no CEIP Mosteiro de Caaveiro, en A Capela

Fixemos unha visita ao colexio Mosteiro de Caaveiro, que pagou a pena. Como o pasamos! Os rapaces e rapazas de sexto e os seus mestres Xabier e Jonathan ensináronnos a xogar aos mesmos xogos que xogaban os nosos avós, bisavós.... Mirade que cara de felicidade tiñamos!