sábado, 18 de mayo de 2013

Un paseo pola nosa historia

Iso é o que imos facer saíndo de excursión pola zona, para coñecer moitos vestixios históricos que nos ensinarán como se vivía por aquí hai moitos anos.

domingo, 12 de mayo de 2013

Coñece a Xesús San Luís Romero

O noso colexio ten o nome deste home que seica foi poeta e zapateiro. Imos coñecelo ao longo deste ano, e empezamos coñecendo a súa biografía cunha exposición que está na rampa do centro. Despois podemos participar no concurso de investigación, con preguntas para cada nivel. Que vida tan interesante!!!!

Lembrando a ODAIKO

Odaiko é un grupo de percusión que coñecemos o venres pasado no Pazo da Cultura, no marco da Semana do Libro. Gustounos tanto que queremos disfrutalo de novo cos seus vídeos. Aquí hai un par deles para ver cantas vedes queirades.

jueves, 9 de mayo de 2013

martes, 7 de mayo de 2013

Cociñeir@s de froita

Seguimos promocionando o consumo de froitas. Hoxe probamos novos sabores, texturas, cores, olores, .... con froitas tropicais.
Así probamos papaia, aguacate, mango, e piña. Atrevémonos a facer piña grellada, co azucre ben derretido,mmmm! Rica , rica!!!
E moi doada de facer.
Xa sabemos o que vai haber de sobremesa estes días nas nosas casas.

miércoles, 1 de mayo de 2013

Letras Galegas 2013

O vindeiro 17 de maio o día das Letras Galegas dedícase a Roberto Vidal Bolaño. Se o queres coñecer mellor aquí tes as actividades que nos propoñen dende o Seminario Galán.
Preme nas imaxes e vai facendo