viernes, 30 de mayo de 2014

Policía, garda civil, bombeiros e protección civil

Todos estes corpos fan que estemos máis seguros . Están pendentes de nós para coidarnos,as vinte e catro horas de todos os días do ano. Onte viñeron ensinarnos un montón de cousas ao Fórum. Aquí vos ensinamos o que vimos nós. Foi unha mañá moi entretida.

Preparando a horta para o verán

A nosa horta da os froitos da primavera. Temos uns chícharos estupendos que colleremos nun par de semanas.... e comeremos . As patacas terán que esperar a despois do verán, e tamén as cebolas, pero deixámolas preparadiñas para que produzan ben nos meses máis calorosos. Veremos en setembro como é a colleita. Agora preparamos o terreo para deixar prantadas as herbas aromáticas que servirán o vindeiro curso para facer saborosas comidas. Ah.... e cabazas para o samaín.... Todo un ciclo: sementar, coidar, colleitar....volver a sementar....

CÁGADOS NA AULA

Dende hai unhas semanas temos invitados na clase.
Son cágados collidos nos muíños do Ardeleiro, en Malpica, que están pasando con nós unha etapa da súa vida.
Imos ver como realizan a metamorfose, que son grandes cambios físicos que pasan para facerse adultos.
Agora xa vemos nalgúns que están asomando as patiñas de atrás.
Son uns grandes descoñecidos, así que estamos investigándoos en internet.

domingo, 11 de mayo de 2014

PINTURA DO PATIO

Aquí temos por fin rematada a pintura do patio, o noso orgullo . Custou traballo, moitas horas dándolle ao pincel, algúns pantalóns e suadeiras manchadas, pero hai que ver o ben que quedou.

HORTA PRIMAVERAL

Debido ás chuvias de todo o inverno e principio da primavera, todos os cultivos da horta están algo atrasados, pero hai que ver que fermoso patacal temos, e tamén chícharos, cebolas.... e pronto sairán as cabazas, o pirixel.... e moitas flores!!!!

miércoles, 7 de mayo de 2014

SEMANA DO LIBRO 2014

Hoxe fomos convidados ao Pazo da cultura para facer un obradoiro de música tradicional. Alí esperábanos Antón Castro, que nos contou unha historia que acontecía nunha cociña. Atopamos en Youtube a historia completa, e poñémola no blog para lembrala porque nos gustou moito. Unhas fotos de hoxe

Antón Castro é mestre, pero tamén canta nun grupo de música tradicional que se chama Fuxan os Ventos. Aínda non o coñeces? Pois aí o tés