martes, 31 de octubre de 2017

domingo, 22 de octubre de 2017

Un encarguiño....

Libroflax, a mascota da biblioteca enviounos un encargo que nos gustou moito.
De aquí a marzo temos que investigar a unha muller: MARUXA MALLO, e para o día da Muller Traballadora explicarlle ao resto do alumnado quen foi esta muller e que fixo na súa vida.
Gustounos moito o encargo, porque xa a coñecemos o curso pasado, cando estudamos varias pintoras galegas.

sábado, 14 de octubre de 2017

Investigamos

Nesta imaxe tes unha webquest para que investigues sobre un produto moi importante para a nosa alimentación. Preme nela e vai vendo
https://sites.google.com/site/asfabasdequinto/

martes, 26 de septiembre de 2017

sábado, 23 de septiembre de 2017

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

O curso pasado, no mes de xuño, e por mor da folga de transporte, non puidemos facer unha saída ao porto de Laxe. Puidemos por fin facela agora. Este venres visitamos o porto de Laxe, a Lonxa, o Museo do Mar, e tivemos un obradoiro de alimentación relacionada co mar. Moitas grazas á Consellería de Pesca, e ás monitoras que tan ben nos explicaron o importante que son os recursos mariños para a nosa alimentación. Vimos distintos barcos de pesca, como funciona unha lonxa, os peixes que ían chegando....

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

Cociña de outono

Atopamos no horto unha fermosa cabaza que medrou no verán. Escollemos unha receita moi saborosa, e colaboramos todos e todas para facela.

Cociñando cabaza from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

Adeus e benvida

Adeus a Murillo, Yasmín e Sharay, que xa están traballando noutros colexios, e damos a benvida a Jomara, que agora está na nosa clase.
Benvida, compañeira.

domingo, 3 de septiembre de 2017

CURSO 2017/18


Podedes descargar o calendario AQUI


Glitter Text @ Glitterfy.com

PREMIO!!!!!!!

Estamos de noraboa, porque a Consellería de Educación ven de concederlle ao colexio un premio polo traballo desenvolvido durante todo o curso pasado no Plan Proxecta de Innovación Educativa. Podes ver a información nestes enlaces .

1     2    

Isto danos moitas máis ganas de seguir traballando 

jueves, 8 de junio de 2017

Horta en xuño







Carreta de libros

Durante o mes de maio aproveitamos o bo tempo para ler nos recreos. Todos os días saía unha carreta con libros e revistas cos que gozamos de momentos de relax e lectura ao aire libre. Queremos que se repita o curso vindeiro.

Visita de Anxo Moure

Despois do traballo ao longo do curso arredor do libro O Carballo con Botas foi un bo final a visita de Anxo Moure, que deixou no noso alumnado unha pegada importante que non será doado esquecer.

ANXO MOURE from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

Visita ao Concello

Continuamos o mes cunha visita ao Concello de Carballo. Alí recibiunos o Alcalde, que contestou ás nosas preguntas e nos explicou como funciona un Concello e os servizos que presta. Despois visitamos onde se fai a xestión económica, a urbanística, a Policía Nacional e a Local. Rematamos visitando o mercado, a Biblioteca Rego da Balsa e o Museo de Bergantiños.

E se queres ver como saímos na prensa preme AQUÍ

Visita a Aspaber

Comezamos o mes de xuño coa visita a Aspaber, un centro ocupacional moi preto do colexio, onde aprendemos que todos podemos ser útiles, e os compañeiros e compañeiras de Aspaber nos demostraron como se esforzan por ter cada día unha vida mellor. Aprendemos moito de todos e todas eles/as.

Lectura compartida con Carlos Casares

Polas Letras Galegas compartimos lecturas das obras de Carlos Casares. Unha das obras era As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. E para lembrala agasalláronnos cun zume de laranxa natural despois da lectura.

Mago Benxamín

A véspera das Letras Galegas a ANPA agasallounos cunha actuación moi especial do mago Benxamín, que nos fixo gozar cos seus trucos de ilusionismo. Como faría????

sábado, 13 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS

IGUALANDO CARBALLO

Despois de actividades que comezamos no mes de marzo, por fin deron os premios do concurso de historias de vida de mulleres de Carballo
O gañador do noso Colexio foi Daniel Espasandín, pero todos e todas fomos gañadores, pois publicouse un libro coas historias que escribimos. Tamén nos deron un ramos de flores para as protagonistas das nosas historias, esas mulleres que nos inspiraron.
Tamén nos gustou moito ver á nosa compañeira Jadira, que aínda que xa non está no noso colexio, gañou o premio do seu.
Parabéns a todos e todas  os/as participantes.




igualando Carballo from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

E aquí están as nosas historias

UN DÍA DE CICLISMO

O Club Ciclista Carballo compartiu con nós unha xornada practicando actividades na bicicleta. Aquí tedes unhas imaxes dese día.

club ciclista from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

HORTA


domingo, 7 de mayo de 2017

ACOSO ESCOLAR

O Departamento de Orientación invitounos a unha sesión de cine á Biblioteca. Tratábase de ver algo sobre o acoso escolar. Era esta película Tamén aprendemos un rap de El Langui, que case nos sabemos. E nesta peli podes ver todo o proceso

SESIÓNS DE CINE from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

lunes, 1 de mayo de 2017

PEDRO E O LOBO

Esta semana fomos a Santiago ao concerto de PEDRO E O LOBO. Cada animal correspondíase cun instrumento. Foi moi interesante. Antes, estivemos xogando nun parque.