martes, 20 de noviembre de 2018

BUSCAVIDAS DO SAN LUÍS

Hai uns días recibimos a nova de que o noso proxecto empresarial BUSCAVIDAS DO SAN LUÍS foi aceptado no Programa Lanzadeiras Coruña da Xunta de Galicia. Xa estamos organizando a nosa empresa, que se vai dedicar a comercializar agasallos en determinados momentos do ano. Agora mesmo estamos preparando os produtos para o Nadal. Este é o noso catálogo ata o momento.

domingo, 18 de noviembre de 2018

SOMOS RÚA, FACEMOS ARTE

ZOQUEANDO POR CARBALLO, participamos no Programa cultural do Concello que denominou "SOMOS RÚA, FACEMOS ARTE", e coa guía de Basilisa Fiestras, axudamos a facer unha obra colectiva. Consistía en facer as nosas mans de escaiola, pero para iso antes tivemos que facer o molde. Foi interesante e divertido, e ademais... invitáronnos a chocolate con pan de ovo. Mañá moi completa.

SOMOS RÚA, FACEMOS ARTE from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

E saímos na prensa. Para ver máis fotos preme AQUÍ

sábado, 10 de noviembre de 2018

ACTIVIDADE DE PATINAXE

Esta semana tivemos unha actividade deportiva moi interesante. Uns xogadores de Hockei a patíns da Escola Lubiáns viñeron ensinarnos como se xoga a ese deporte, e fixemos algunhas actividades con eles.

jueves, 1 de noviembre de 2018

ACTIVIDADES DE SAMAÍN

Vimos de celebrar o Magosto e o Samaín. Non faltou cociñar merendas terroríficas, nin concurso de cabazas, de relatos de terror, de debuxos, un festival onde nos contaron varios contos de medo e tamén lendas de Carballo. Foi moi divertido. E comemos cousas moi saborosas. FESTIVAL