martes, 27 de diciembre de 2016

miércoles, 21 de diciembre de 2016


DESPEDIDA

Remata  o trimestre e vaise Andrea a Suiza. Despedímonos dela e desexámoslle o mellor nun novo país. Ata pronto Andrea!!!!!!!


PAPÁ NOEL

Sobremesas de Nadal

FESTIVAL DE NADAL

Visita a Correos

Aproveitemos que queriamos botar a carta aos Reis Magos para visitar Correos. Alí ensináronnos o que se fai coas cartas e paquetes qe chegan, e os que se envían desde aquí.
Ademais tivemos unha doce sorpresa. Moitas grazas pola atención que nos prestaron.

lunes, 12 de diciembre de 2016

viernes, 9 de diciembre de 2016

Saída a Santiago

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

ESCOLA GALEGA DE CONSUMO E VISITA A SANTIAGO

MUSEO DO POBO GALEGO

BOMBÓNS DE CHOCOLATE

Preparamos xa os doces de Nadal. Hoxe bombóns de chocolate, de figos secos, de gominolas, e pedras de améndoas.

domingo, 27 de noviembre de 2016

Saída a Santiago de Compostela

O día 5 de decembro o alumnado de terceiro e cuarto nivel faremos unha saída a Santiago de Compostela.
Visitaremos o Museo de Historia Natural , onde teremos unha visita guiada.
Despois iremos á Escola Galega de Consumo, onde faremos un obradoiro sobre o Consumo en Nadal.
Pola tarde remataremos cunha visita ao Museo do Pobo Galego, onde faremos un xogo de pistas.

O conto de Barriga Verde

O día 25 de novembro o alumnado de cuarto e quinto nivel disfrutamos dun contacontos no Pazo da Cultura.
Tratábase de O conto de BarrigaVerde, que escribiu Manuel María, e nos contou a historia de amor de Fiz e Catuxa e como Barriga Verde e a variña máxica Berenguela os axudou a estar xuntos.


domingo, 20 de noviembre de 2016

Horta en novembro

Tocou dar unha voltiña pola horta. Tiñamos que arrincar malas herbas que medraron no medio dos cultivos. Tamén botamos cascas de ovo arredor das plantas, para que non a coman as lesmas e os caracois. Atopamos unhas pequenas cabazas, a ver se medran e podemos comelas. As rabizas xa teñen un bo tamaño e pronto as poderemos recoller tamén. Enchemos algúns neumáticos con compost e terra, e nelas plantamos o physalis que tiñamos, unha roseira, unha framboeseira e un aguacateiro que conseguimos das súas sementes. As acelgas estaban comidas dos caracois, plantamos outras novas, vermellas, e botámoslles cascas de ovos darredor para que non os volvan a comer.

Níscalos no patio

Atopamos un montón de cogomelos nun recuncho do patio. Nunca antes os houbera. Di a profesora que son níscalos, coma os que xantamos hai unhas semanas.

viernes, 4 de noviembre de 2016

ECOSISTEMAS

Para saber máis e aclarar conceptos vai premendo nos números
1  2  3  4  5
 E agora podes facer as actividades premendo nos debuxos
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1363693614/contido/vocabulario_animais_vertebrados.html

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1363692800/contido/vocabulario_animais_invertebrados.html
 
 E tamén....
         VIDA SALVAXE GALEGA