miércoles, 16 de diciembre de 2015

Xogos tradicionais no colexio de A Capela

Hoxe fomos de visita a un colexio no concello de A Capela.
O colexio chámase CEIP Mosteiro de Caaveiro.
Alí ensináronnos a xogar a moitos xogos tradicionais.
Algún xa o coñecíamos, pero foi un pracer compartir cos rapaces e rapazas dese colexio os xogos.
Aínda nos quedan moitos que aprender, e moito que practicar.

E no Nadal,.... un libro non estará nada mal.



E veu o Apalpador

Caladiño chegou cunha carreta cargada de agasallos. Falounos da Natureza e da importancia de conservala. Mirade que guapos saímos.

domingo, 13 de diciembre de 2015

Vai vir o Apalpador

Aquí tés a súa cantiga , a súa historia e moitas cousas máis E agora preme AQUÍ para atopar moitas máis cousas do Apalpador

As nosas setas

Hai un tempo chegou un paquete extrano á clase. Unha caixa con terra, e un saco con palla dentro. Pero tiñan algo máis, tiñan hifas, a maneira que teñen de reproducirse os fungos. E de súpeto, un día, saíronlle uns granos ao saco, e ao día seguinte xa parecían setas, e mira nas imaxes o que foi pasando día a día. Agora esperamos polos cogomelos que empezan a medrar na caixa.