jueves, 25 de abril de 2013

Historia en Galicia I

Actividades para coñecer a arquitectura megalítica e a cultura castrexa.
Preme nas imaxes e vai facéndoas.


domingo, 21 de abril de 2013

Horta primaveral

Horta e xardín, por fin empezamos a ver os nosos froitos. Mirade que xardín máis chulo temos.
E agora plantamos máis cousas: hortensias, rosas, dalias.... haberá que volver a esperar.
E na horta vaia verzas, e xa asoman as patacas e os amorodos. Tamén as cenorias, e acabamos de sementar feixóns, cabaciñas, cogombros.... Vixiaremos de preto para que medren moi ben.

Plantamos unha moreira

Porque precisamos alimentar os vermes de seda mercamos e plantamos unha moreira. Tivemos moitos pequenos axudantes. Mirade que ben quedou.


Visita ao Planetario

Máis ben foi o planetario de La Caixa o que nos visitou a nós. Estivo no ximnasio toda a semana e nel poidemos ver o ceo da primavera. Moitas grazas a La Caixa por esta oportunidade.

sábado, 6 de abril de 2013

Investigamos

Xa levas un tempo coñecéndoos, agora terás que investigar un pouco máis e contestar unhas preguntas.


Para descargalo preme AQUÍ e despois onde pon SAVE


viernes, 5 de abril de 2013

Saímos no xornal

Onte fixeron un reportaxe no Instituto. Aquí están as fotos que fixeron e un enlace á noticia.

Para ler a noticia preme AQUÍ

jueves, 4 de abril de 2013

Visita ao Parga Pondal

Moitas grazas pola invitación a visitar o Instituto Isidro Parga Pondal e disfrutar dunha exhibición de cans. Estaban moi ben educados e tanto saltaban por riba do noso compañeiro David e algún profe, como axudaban a espirse a compañeiros que non podían moverse, ou buscaban as súas galletas entre todos nós.... Despois invitáronnos a unha saborosa merenda. Moitas grazas.

lunes, 1 de abril de 2013

Vermes de seda

Temos invitados na clase. Si, eran minúsculos cando chegaron, pero comen sempre (sempre que temos follas de moreira para darlles, claro) e medraron un montón. A profe di que despois van facer un casulo de seda e máis tarde sairán de aí bolboretas que poñerán ovos. Non sei, parece raro, pero imos velos todos os días, así que a ver se é certo.