sábado, 26 de marzo de 2016

Pascua multicultural

Temos a sorte de contar con compañeiras de outros países. Mari, Rosana, Andreea, Nicoletta e Mariana son romanesas e ensináronnos como celebran a Pascua no seu país. Alí tinguen ovos, brindan con eles, comen sarmale e cozonac, e deséxanse PASTE FERICIT.




Nós ensinámoslles como se celebraba e se celebra en Galicia, polo menos na nosa zona, onde aos afillados se lles agasallaba cun bolo de  pan, que cos anos se convertiu en pan de ovo. María trouxonos un bolo de cada e estabavos ben bo.




Tamén Celeste, de Paraguai nos contou que alí fan chipa paraguaya, e buscamos como facela nós. Tamén aproveitamos para degustar alfajores, típicos de Uruguai, a terra da nai de Priscila

Horta de primavera

Antes de rematar o trimestre, e nuns días que parou de chover aproveitamos para arranxar a nosa horta, e sementar as patacas e chícharos.
Fixádevos que fermosos están os nosos mini hortos cos bulbos de outono.










Día da Muller con Pedro Brandariz

O día 10 de Marzo celébrase o día da Muller .
Veu o contacontos Pedro Brandariz a contarnos unhas historias que nos fixeron rir, pero tamén reflexionar.



sábado, 12 de marzo de 2016

A MATERIA

Vai premendo nas imaxes para coñecer que é a materia, as súas características, a súa clasificación, etc.
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1285569268/contido/index.html?ln18=gl&pathODE=f10/0_ID/&maxScore=88&interfaz=interfaz_t01&titleODE=.:%20A%20materia%20:.

http://wikisaber.es/Contenidos/LObjects/how_materials_are_classified_1/index.html

https://dl.dropboxusercontent.com/u/34127977/LIM_MATERIA/materia_cuarto.html

http://engalego.es/almacen2010/lim10/c39/materia2/materia.html

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1363890406/contido/Unidade5/indice_materia-enerxia.html

http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/cm4_u7_act2/frame_prim.swf

domingo, 6 de marzo de 2016

Fundación Mª José Jove

Empezamos o mes de marzo visitando un museo no que nos ensinaron a distinguir os tipos de pintura: realista, abstracta, ....