domingo, 21 de diciembre de 2014

Celebramos o Nadal

O día anterior xa tivemos un aperitivo. A APA invitounos a un espectáculo de maxia moi chulo. Nel participamos algúns e todos, todos pasámolo pero que moi ben.

O seguinte foi preparar os dóces , fixemos turrón de chocolate de tres cores.
Aquí tes as fotos coa receita por se queres volver facelo. Despois, para despedirnos fixemos unha pequena festa na clase, cun chocolatiño ben quente, e galletas.




No festival presentaron Suso e Nerea, e hai que ver como cantamos e tocamos todos e todas.




O que non podía faltar foi a visita de Pai Noel.


Horta

Así deixamos o noso anaco da horta municipal. Á volta das vacacións plantaremos o que cumpra.

sábado, 8 de noviembre de 2014

SAÍDA Á CORUÑA

O pasado venres fomos pasar o día a A Coruña.
Comezamos por unha visita ao CIFP de Someso, donde nos explicaron o que é ser un emprendedor, pois estamos no programa Atrévete. Despois ensináronnos o Instituto, e vimos moitas posibilidades de formación para o noso futuro.
Claro que primeiro teremos que facer a ESO. Queda moito que estudar.

Despois xantamos, e xogamos, claro, no Monte de San Pedro

Pola tarde estivemos no MUNCYT, o Museo de Ciencia e Tecnoloxía. Descubrimos como eran aparellos de uso común hai moitos anos, vimos o primeiro ordenador que houbo en España, e mesmo case, case, viaxamos en Jumbo.

E rematamos no Castelo de San Antón, onde está o Museo Arqueolóxico. Un día longo, moi interesante.

MAGOSTO E SAMAÍN DE 2014

martes, 4 de noviembre de 2014

lunes, 13 de octubre de 2014

Visita ás Fragas do Eume

Aproveitando a viaxe a A Capela achegámonos ao Parque Natural das Fragas do Eume, un exemplo de bosque oceánico. Fixemos un pouco de sendeirismo, collemos castañas, vimos unha garza, pegadas de animais....

Xogos tradicionais no colexio de A Capela

Un ano máis achegámonos ao CEIP Mosteiro de Caaveiro para aprender a xogar como o facían os nosos pais ou os nosos avós e avoas. Desta vez Ahinoa, Brais, Carolina, Xiao, Jonathan, Aixa..... e Xabi, ensináronnos a xogar á peste, ao conxelado, á rá, ao muíño, á porca, fixemos carreiras de sacos, saltamos á goma, aos pelouros... e sobre todo convivimos cuns rapaces e rapazas estupendos. Grazas pola súa hospitalidade. Queremos volver. Ah..... e o noso favorito foron os arrastres, que nos contou Xabi que foi recollido vendo como xogan nenos de Etiopía. Tan lonxe e tan preto. Que derrapes!!!!!!

Marmelo

Facemos dóce de marmelo. Como é unha froita apórtanos vitaminas e fibra, como leva azucre apórtanos hidratos de carbono, que nos dará enerxía.

Horta de outono

Sementamos repolo, brécol, coliflor, leitugas, rabizas e acelgas. Tamén preparamos a terra para outros cultivos mesturando a terra con esterco. Xa nos tarda ver como medran.

Facemos compost

O curso pasado pedimos ao Concello un composteiro, para facer compost coa materia orgánica que xuntamos no colexio. Acaba de chegar e veu Manuel Anxo montalo e explicarnos como tiñamos que facer para conseguir un bo compost para engadir á nosa horta.

lunes, 29 de septiembre de 2014

A horta despois do verán

Nada máis chegar ao colexio houbo que ver como estaba a nosa horta. Dous meses sen coidala fixo que estivese chea de malas herbas. Dounos moito traballo, arrincar as malas herbas, os nabos, preparar a terra para sementar de novo.... Pero tamén recollemos, e levamos para a casa, a colleita de cebolas e un pouco pirixel.

sábado, 27 de septiembre de 2014

A nutrición

Comezamos o curso en Coñecemento do Medio estudiando todos os procesos que interveñen na nutrición do ser humano.
Nestas dúas imaxes hai actividades para coñecer mellor estes procesos
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1353321388/contido/a_nutricion.html

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1351190263/contido/aparello_dixestivo.html