viernes, 29 de noviembre de 2013

Symbaloo

Sabedes o que é un Symbaloo??? Pois agora mesmo o vades averiguar, premendo nestas dúas imaxes e vendo o que hai dentro....
http://www.symbaloo.com/mix/recursosnadal1

http://www.symbaloo.com/mix/limsnadal-xmas

Xogamos á chave!!!!!!

Cantas ganas tiñamos de xogar a iso da chave. O clube de chave " O Hórreo" invitounos ao seu campo, e ensinounos as primeiras nocións deste xogo. Xa probamos a nosa puntería. O mellor: que nos invitaron a volver para xogar xa algunha partidiña. Tomámoslle a palabra. Moitas grazas polo recebemento.

Empezando o noso mural

Mañá de dura xeada, non hai mellor maneira de tornar o frío que poñerse ao sol e demostrar as nosas dotes artísticas. Hoxe empezamos o noso mural . Ide vendo, a ver se adiviñades o que imos amosar.
Un bo traballo colaborativo, de momento non se ve aínda o que vai saír de aquí.
Continuará......

domingo, 24 de noviembre de 2013

Institucións de España e de Galicia

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1363953708/contido/Unidade12/indice_institucions.html

http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/tercer_ciclo/cmedio/espana_politica/instituciones_de_espana/instituciones_de_espana.html

http://ntic.educacion.es/w3/recursos/secundaria/sociales/geografia/puzleca.html

http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/6EP_Cono_cas_ud13_SistPoliEs/frame_prim.swf

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/averroes/educativa/autonomias.html

http://www.gobiernodecanarias.org/educacion/3/WebC/eltanque/comunidades/comunidades.swf
En todas estas imaxes tes información sobre as institucións de España e de Galicia. Vai premendo nelas e facéndoas. Despois vas ter que facer un mural onde quede todo ben clariño.

lunes, 11 de noviembre de 2013

Os primeiros froitos dos nosos traballos

Si, esta semana apañamos os primeiros manoxos de rabizas.
Pero mirade que chulos están os repolos, as coles de bruxelas, esas coliflores, e tamén brécol.
Pero as rabizas... buf, esas si que xa están para comelas!!!!!!









sábado, 2 de noviembre de 2013

As plantas

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1363879780/contido/Unidade3/indice_plantas.html

SAMAÍN 2013

Hai que ver como traballaron os nosos rapaces e rapazas coas familias para facer as cabazas este Samaín. Aquí as podedes ver case todas, e tamén os premiados. Tamén houbo un concurso de relatos de terror, ai, que medo daban!