martes, 30 de octubre de 2012

Cociña de Samaín

Producimos os nosos alimentos. Saco produtor de setas

Investigando sobre os fungos vimos a posibilidade de ter as nosas propias setas na aula. Pedimos un saco, e con palla de trigo, auga morna e micelio de seta de ostra temos todo prepadado. Dentro dun mes imos ver se xa asoman as primeiras.

Producimos os nosos alimentos. A horta

Pois si, imos producir os nosos alimentos. Para iso temos que traballar moito: buscar un bo lugar para a horta, poñerlle os marcos, traer unha boa terra, removela ben, botarlle abono e por último botar as sementes.
Neste caso imos ter un horto no que sementamos champiñóns, e un xardín, con bulbos de inverno.
Divertímonos moito, agora toca que chova, que lle dea  o sol, a ver se non hai moita xeada....e asomen as plantiñas... ou as setas.... Xa chas ensinaremos

sábado, 27 de octubre de 2012

CHEGA O SAMAÍN

Festa tradicional do outono galego, de orixe celta, xa estamos preparando as caveiras para celebralo.
Moito sabemos xa desta festa, pero moito máis podes aprender se premes AQUÍ.
Cando remates de ler a información poderás participar nestes dous xogos que che ofrecemos


É a festa do medo , e neste costo vas ver como un neno é capaz de superar os seus medos

Pero agora toca festa rachada, e por iso imos cantar esta canción de Mamacabra

domingo, 21 de octubre de 2012

A RESPIRACIÓN

Vai premendo nas imaxes e terás moitas actividades coas que aprenderás como se realiza a respiración.