lunes, 13 de octubre de 2014

Visita ás Fragas do Eume

Aproveitando a viaxe a A Capela achegámonos ao Parque Natural das Fragas do Eume, un exemplo de bosque oceánico. Fixemos un pouco de sendeirismo, collemos castañas, vimos unha garza, pegadas de animais....

Xogos tradicionais no colexio de A Capela

Un ano máis achegámonos ao CEIP Mosteiro de Caaveiro para aprender a xogar como o facían os nosos pais ou os nosos avós e avoas. Desta vez Ahinoa, Brais, Carolina, Xiao, Jonathan, Aixa..... e Xabi, ensináronnos a xogar á peste, ao conxelado, á rá, ao muíño, á porca, fixemos carreiras de sacos, saltamos á goma, aos pelouros... e sobre todo convivimos cuns rapaces e rapazas estupendos. Grazas pola súa hospitalidade. Queremos volver. Ah..... e o noso favorito foron os arrastres, que nos contou Xabi que foi recollido vendo como xogan nenos de Etiopía. Tan lonxe e tan preto. Que derrapes!!!!!!

Marmelo

Facemos dóce de marmelo. Como é unha froita apórtanos vitaminas e fibra, como leva azucre apórtanos hidratos de carbono, que nos dará enerxía.

Horta de outono

Sementamos repolo, brécol, coliflor, leitugas, rabizas e acelgas. Tamén preparamos a terra para outros cultivos mesturando a terra con esterco. Xa nos tarda ver como medran.

Facemos compost

O curso pasado pedimos ao Concello un composteiro, para facer compost coa materia orgánica que xuntamos no colexio. Acaba de chegar e veu Manuel Anxo montalo e explicarnos como tiñamos que facer para conseguir un bo compost para engadir á nosa horta.