viernes, 21 de junio de 2013

E festa de despedida

A APA organizounos unha festa total, con inchables, karaoke, obradoiros de maquillaxe, de broches, de pulseiras.... E unha merendola rica, rica. Ao final houbo a despedida dos maiores, que se van ao instituto, agasallos para os que fixeron a mellor portada da revista e os finalistas, e tamén para os que participaron no concurso de investigación sobre Xesús San Luís Romero. Rematamos tranquiliños vendo unha película, e moi cansados, tanto que alguén quedou durmido.... Mira nas fotos e verás.

jueves, 20 de junio de 2013

Xantar de fin de curso

Xa está rematando o curso, non queda nada, e hoxe fixemos un xantar para celebralo.
Non faltou de nada, petiscos, unha hamburguesa, e de sobremesa arroz con leite.
Todo moi saboroso, e moi equilibrado, pero non fomos quen de comer todo, case todos levamos "a proba" para a nosa casa.

lunes, 17 de junio de 2013

ACTIVIDADES PARA O VERÁN

Nestas imaxes temos algúns enlaces para facer algunhas actividades de repaso  moi divertidas durante o verán.
 Bótalles unha ollada e verás como che apetece facelas.
 Xogar e aprender vai ser o mesmo.

 En primeiro lugar temos a zona de alumnos da Xunta de Castela e León:


Moi importante é tamén que mellores o teu nivel de lectura. No Libro Total podes encontrar seguramente moitos que che van gustar:



Tamén poderás descargar caderniños para traballar sobre o papel neste enlace:


sábado, 15 de junio de 2013

Aniversario do Colexio

Esta semana celebramos o XVIII aniversario do noso Colexio. Xa é maior de idade. E por iso tivemos algunhas actividades especiais. O noso colexio ten o nome dun poeta carballés que tamén era zapateiro. Era Xesús San Luís Romero. Se miras en entradas anteriores poderás coñecer a súa vida e as súas aportacións á cultura e é política durante a súa longa vida. Nós aprendemos algo do seu traballo de zapateiro, porque veu un zoqueiro e un zapateiro a amosarnos como se fai o seu traballo. Logo fomos ao Forum e tivemos unha conferencia que nos deu Xan Fraga, un historiador carballés, e na que nos lembrou o que moitos xa sabíamos sobre Xesús San Luís Romero, tamén que de nós depende o futuro. Falou o alcalde, a dire Marisa, e tocaron o Alalá de Bergantiños un grupo de Arume de Verdillo. Logo, de volta ao recreo, un super mega recreo..... Mira as fotos que nos lembrarán ese día.

viernes, 14 de junio de 2013

Sendeirismo polo Anllóns

O martes día 11 aproveitamos que non chovía para facer un pouco de sendeirismo polo río Anllóns. Levabamos un caderno para coñecer as árbores propias das ribeiras. Xa sabemos recoñecer amieiros, biudeiros, bieiteiros, espiños, castiñeiros, carballos..... Foi un looooooongo paseo, que nos abriu deseguida o apetito. Que fame!!!!! Pero cando paramos para tomar a merenda tamén poidemos xogar.... e algunhas mesmo tentaron pescar. Non tiveron sorte. Non picaron as troitas. Hai dúas coleccións de fotos.

E tamén:

HORTA DE VERÁN

Temos que agradecer ao Concello que nos mandase un montón de terra para a nosa horta e xardín, e tamén a José Ramón e un par de axudantes que tivo, por prepararnos unha fermosa horta para que sementemos o que queiramos.
Agora preparámola para o verán, abonámola, sementamos millo, fabas, feixóns, cogombros, cabazas, cabaciñas.....agora toca regar e esperar a ver que pasa.
Que ilusión nos fai ver como agroman xa algunhas fabas......!!!!!!

sábado, 8 de junio de 2013

Máis actividades sobre o tempo atmosférico

Preme en cada imaxe para ir facéndoas






A cultura da auga

Fartos dela, desexando que a substitúa o sol, pero..... sabías todo isto da auga?
Preme e verás

E veña a chover

Aprendemos varios conceptos para entender mellor o tempo atmosférico.
Preme na imaxe.

SAÍDA POLO ANLLÓNS

Aproveitaremos un día que non chova.... para dar unha volta polo noso río, faremos sendeirismo e aproveitaremos para coñecer os elementos do ecosistema.
Un deses elementos é a vexetación de ribeira, por iso levaremos esta guía para aprender a coñecer as árbores.

martes, 4 de junio de 2013

Xeografía de España

Nesta imaxe hai un enlace para facer moitas actividades de mapas de Galicia e España. Preme nela e vai facendo