jueves, 18 de junio de 2015

Despedida

E aquí chegamos, despois dunha andaina de tres cursos xunt@s.
Agora toca despedirse, cada un/unha parte para un instituto, inicia unha nova etapa na súa vida,  pero espero que teñades todos e todas unha lembranza na vosa memoria para as experiencias que compartimos durante este período.
Na miña memoria, por suposto, quedades vós, e aquí estarei agardando as vosas novas a partires deste momento.
Moita sorte, moitos bicos, e ata sempre.
Chelo


Premio Mirando ao Mar

Como punto final do programa do concello de Carballo "Mirando ao mar" que nos levou varias veces por Razo e Baldaio, hoxe o noso compañeiro Dani García foi recoller o seu accésit ao concurso de redacción, coa historia "A guerra das mariscadoras".
Parabéns para el e para todos e todas que participaron


martes, 16 de junio de 2015

Premio Atrévete a ter unha idea

As nosas compañeiras Karina e Marta acaban de gañar o premio de Atrévete a ter unha idea .
Lembrádesvos? Fixeron estas propostas de negocios












Entregoulles o premio o mismísimo Conselleiro de Educación
Aquí podes velas na páxina web da Xunta 

Viaxe ás Ilas Ons e Santiago

O día 12 de xuño fixemos a nosa viaxe de despedida de Primaria.
Visitamos as Illas Ons, e á volta Santiago.
Foi moi divertido.

domingo, 7 de junio de 2015

Nós, na galega

Por fin saíu a reportaxe da PEQUE-FEIRA.
Se queres vernos preme AQUÍ  e busca o minuto 53.
Hai que ver canto chupamos cámara