jueves, 19 de diciembre de 2013

Obradoiro de enredos tradicionais

Xa coñecíamos a Eladio, ensinoounos o curso pasado a facer zocos. Agora veunos ensinar a facer enredos moi chulos. E moi divertidos. Agora imos probar nós a facer algún, xa volos ensinaremos.

miércoles, 18 de diciembre de 2013

Obradoiro de Nadal

Rematamos os obradoiros de Nadal . Fixemos uns centros de Nadal ben bonitos. Aquí tes moitos deles para que te fagas unha idea do noso traballo

martes, 17 de diciembre de 2013

Guía de lectura para o Nadal

Nestas datas queremos felicitar o Nadal ás familias e facerlle algunhas suxestións para que entre os agasallos dos Reis Magos e o Pai Noel estea .... alomenos.... UN LIBRO.


miércoles, 4 de diciembre de 2013

Mural, segunda sesión de pintura

Xa se vai vendo como queda.


Obradoiro de centros de Nadal

Algunhas profes, coa APA, están ensinándonos nos recreos a facer centros para o Nadal. Son un precioso agasallo, e a nós encántanos facelos. Podes encargar algún se queres. Mira como os facemos, e tamén os distintos tipos.

martes, 3 de diciembre de 2013

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PEÓNS

Parabéns a Javeria por ser a gañadora do premio do 3º ciclo do concurso de decoración de peóns.
E parabéns a todos e todas as participantes, porque resultou moi difícil escoller un gañador.