miércoles, 25 de septiembre de 2013

Máis fotos da saída polo bosque da Ribeira da Pena

Son as que publicaron os monitores de Senda Nova que nos acompañaron. Preme AQUÍ e poderás ver o seu blog e as fotos da saída.

Xogos populares, visita ao colexio de Capela

Este curso imos aprender a xogar ao mesmo que xogaban os nosos avós, bisavós, tataravós.... E comezamos visitando un colexio, o CEIP Mosteiro de Caaveiro, no concello de Capela, onde os mesmos nenos e nenas nos ensinarán como se xoga. Para ir abrindo boca aquí está un video moi chulo

martes, 24 de septiembre de 2013

BOSQUE DA RIBEIRA DA PENA

Visitamos un ecosistema dun bosque autóctono, o bosque da Ribeira da Pena, moi ben conservado, foi emocionante, toda unha aventura. Espiñamonos, caemos de cu, rimos, pasamos algún apuro, cansámonos, pero moito aprendemos.
Mira que fotos máis chulas.

jueves, 19 de septiembre de 2013

PURÉ DE VERDURAS

O que fixemos o primeiro día de escola foi recoller todo o que cultivamos na horta.
Agora acabamos de cociñalo.
Hai que ver que puré máis saboroso fixemos.
Fíxate nas fotos e tamén o poderás facer ti.

ECOSISTEMAS

           Comezamos o curso dando un repasiño do que sabemos de ecosistemas antes de ir visitar un dun bosque autóctono: o bosque da Ribeira da Pena. Xa vos contaremos o que alí hai.
           De momento, en cada imaxe hai actividades ou máis información sobre os ecosistemas. Vai abrindo e vai descubrindo.






lunes, 9 de septiembre de 2013

Preparando o horto escolar para o outono

Non sabemos moitas cousas de agricultura, pero pouco a pouco imos aprendendo, agora toca preparar o noso horto para o outono e o inverno. Imos buscar en Internet cales son os cultivos máis axeitados, e tamén como podemos mellorar as cualidades da terra fabricando nós mesmos compost.
Preme nos números para consultar a información
1      2       3


1       2

BENVID@S AO CURSO 2013-14

Empezamos xuntos unha nova andaina na que compartiremos actividades, xogos, experiencias diversas cursando o quinto nivel. Benvid@s a esta camiño que faremos xuntos.