martes, 3 de marzo de 2015

Visita á potabilizadora e á depuradora

O xoves 26 de febreiro visitamos a planta potibilizadora e tamén a depuradora de Carballo coñecendo así como é o ciclo da auga nunha vila como a nosa. Explicóunolo Paco, de Adega, e acompañouno Lidia. Pasámolo ben e comprendemos a necesidade de respectar e aforrar este ben tan necesario.