martes, 21 de febrero de 2017

ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO


PREPARANDO O ENTROIDO

Cataláns na escola

Este curso chegaron á escola Lluc e Óscar, os dous cataláns, e quixemos coñecer un pouco a súa cultura e a súa gastronomía. Así que tivemos unha degustación de butifarra, ao mesmo tempo que escoitamos música catalá , vimos vídeos de castellers, de grupos bailando a sardana..... Xa coñecemos un pouco máis deles

Mensaxes de amor

Por San Valentín escribimos mensaxes de amor a amigos, irmáns, pais ou nais, mestres,..... e ben bonitos que quedaron.

lunes, 13 de febrero de 2017

RÍOS DE ESPAÑA

https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/rios-de-espaa/6b90cb5d-8084-4d44-9cc6-990fe7068e38

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/esparios1eb.html

GALICIA ENCANTADA

Xa que nos gustaron tanto as lendas que escoitamos na clase de Lingua, neste enlace poderás ler moitas máis
http://www.galiciaencantada.com/

Obradoiro de gominolas

Fixemos gominolas a partir de Agar agar, (unha alga) e zume, uns doces moi saudables. E despois , con gominolas tamén, fixemos rosas, frechas, ramos moi doces, para endozar o día do amor.

E pronto vos ensinaremos as nosas mensaxes de amor

HORTA DE INVERNO

No mes de xaneiro houbo unhas fortes xeadas que fixeron que non se puidera traballar na terra. Por fin empezamos a traballar nela. O primeiro foi limpala de malas herbas para poder sementar. Despois é tempo de plantar as patacas e as verzas, pero tamén limpar ben para que medren o que sementamos no outono. Preparamos a terra para que outro grupo sementase os chícharos. E agora toca esperar.

Día da Paz

O 30 de Xaneiro celebramos o día da Paz. Fixemos varias actividades, coma un baile que podedes ver na páxina web do centro ou premendo AQUÍ

Convocouse un concurso de Debuxos e contos para a Paz, e aquí podedes ver a entrega de premios.



E aquí podedes ver os contos e debuxos finalistas

miércoles, 1 de febrero de 2017

Relevo de España

Preme nos mapas. En cada un hai actividades diferentes para aprender as diferentes unidades de relevo da Península Ibérica
https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/relieve-de-espaa/b08c36e5-ed54-46e1-995f-354b59d8dd08

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/esporog1e.html

http://www.cerebriti.com/juegos-de-geografia/mapa-fisico-de-espana#.WJJWCX9oAVI