viernes, 21 de diciembre de 2018

BO NADAL E FELIZ ANINOVO

Este curso felicitamos o Nadal dende o colexio cunha postal na que participou todo o alumnado, pois recolle todas as postais que se presentaron ao concurso de Postal de Nadal do Concello de Carballo.





FESTIVAL DE NADAL

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CADELAR

A nosa compañeira Carla recibiu un diploma de Aloumiños despois de rematar as actividades de Cadelar.
Vai botar moito de menos esa compañeira tan cariñosa de catro patas.


VISITA DE PAPÁ NOEL

PAPÁ NOEL 2018 from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN NA RÚA

Dende que comezou o curso vemos que arredor do colexio pasean moitos cans e os seus donos e donas non recollen os excrementos. O resultado son sorpresas bastante desagradables nos zapatos.
Como se repite e o problema aumenta decidimos facer unha campaña de concienciación da veciñanza colocando algúns carteis.




ACTIVIDADE DE RECICLADO DOS RAEE COS BOLECHAS

VISITA A SANTIAGO

domingo, 16 de diciembre de 2018

Preparando a visita ao Museo do Pobo Galego

Aquí vemos o caderno que imos usar para o xogo de pistas co que pretendemos coñecer a figura de Antonio Fraguas na nosa visita ao Museo do Pobo Galego.

Museo Do Pobo Galego by on Scribd

Mercado de Nadal

Continúa a nosa andaina coa empresa Buscavidas do San Luís. Agora tivemos unha actividade febril, preparando o Mercado de Nadal. Neste vídeo podes ver como preparamos magdalenas para ter un detalle de cortesía coa xente que nos visitou, como personalizamos as bolsas nas que levar os agasallos, tamén como montamos a tenda e o día da venda. Damos grazas ao Concello por prestarnos unha tenda tan chula para facilitarnos o traballo. Menos mal!!!! Con todo o que choveu ese día. hhh

domingo, 2 de diciembre de 2018

Campo a través

O día 30 moito alumnado do noso colexio participou nunha carreira de campo a través.
Aquí están algunhas fotos


martes, 20 de noviembre de 2018

BUSCAVIDAS DO SAN LUÍS

Hai uns días recibimos a nova de que o noso proxecto empresarial BUSCAVIDAS DO SAN LUÍS foi aceptado no Programa Lanzadeiras Coruña da Xunta de Galicia. Xa estamos organizando a nosa empresa, que se vai dedicar a comercializar agasallos en determinados momentos do ano. Agora mesmo estamos preparando os produtos para o Nadal. Este é o noso catálogo ata o momento.

domingo, 18 de noviembre de 2018

SOMOS RÚA, FACEMOS ARTE

ZOQUEANDO POR CARBALLO, participamos no Programa cultural do Concello que denominou "SOMOS RÚA, FACEMOS ARTE", e coa guía de Basilisa Fiestras, axudamos a facer unha obra colectiva. Consistía en facer as nosas mans de escaiola, pero para iso antes tivemos que facer o molde. Foi interesante e divertido, e ademais... invitáronnos a chocolate con pan de ovo. Mañá moi completa.

SOMOS RÚA, FACEMOS ARTE from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

E saímos na prensa. Para ver máis fotos preme AQUÍ

sábado, 10 de noviembre de 2018

ACTIVIDADE DE PATINAXE

Esta semana tivemos unha actividade deportiva moi interesante. Uns xogadores de Hockei a patíns da Escola Lubiáns viñeron ensinarnos como se xoga a ese deporte, e fixemos algunhas actividades con eles.

jueves, 1 de noviembre de 2018

ACTIVIDADES DE SAMAÍN

Vimos de celebrar o Magosto e o Samaín. Non faltou cociñar merendas terroríficas, nin concurso de cabazas, de relatos de terror, de debuxos, un festival onde nos contaron varios contos de medo e tamén lendas de Carballo. Foi moi divertido. E comemos cousas moi saborosas. FESTIVAL

jueves, 25 de octubre de 2018

LENDAS DE CARBALLO. AS MEIGAS DO MONTE NEME

Chega o Samaín, e gustounos moito investigar algunha historia de medo que acontece preto de nós.
Foi así como chegamos á lenda das meigas que din que habitan preto do Monte Neme, e que fan os seus aquelarres no cume, na Eira das Meigas.....
Escoita e verás....

As meigas do Monte Neme from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

miércoles, 24 de octubre de 2018

HORTA EN OUTUBRO

Hoxe veu por primeira vez o monitor do horto municipal e comezamos as actividades con el.
Tócanos cos de 3 anos, e entre todos e todas comezamos a preparar os bancais para sementar pronto.
Tivemos que arrincar herbas, e axudamos a colocar os maceteiros onde prantaremos herbas aromáticas cando lle toque.
Aquí tedes as fotos de hoxe.

Comezou a investigación das árbores



EXPERIMENTANDO COA COR






viernes, 5 de octubre de 2018

PARABÉNS A DIEGO

O curso pasado participamos no concurso Atrévete a ter unha idea, no que propoñíamos unha idea para montar unha empresa.
Chegounos agora a resolución do concurso, e Diego García Espasandín foi o premiado.
Aquí tedes o traballo que presentou, e o momento en que se lle entregou o diploma e o agasallo: unha formidable tablet.




ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN

Recibimos un encargo. Imos coñecer un pouco mellor o Bosque do Añón. Empezaremos por unha visita, e despois investigaremos na biblioteca e prepararemos información de cada árbore que alí imos atopar.
E aquí as fotos da primeira saída. Levamos a@s pequerrech@s .

miércoles, 3 de octubre de 2018

viernes, 21 de septiembre de 2018

CONSUMO RESPONSABLE

A empresa Gadisa invitounos a unha actividade de Consumo Responsable. Fomos andando ata a Praza do Concello, onde había un camión enorme, no que entramos e visitamos unha exposición sobre alimentación e consumo responsable. Era interesante, e ao rematar déronnos un agasallo, unha mochila e leite.Podes ver aquí as fotos:

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

Esta semana celebrouse a Semana Europea da Mobilidade, e no  Concello de Carballo houbo varias actividades.
O alumnado de sexto e quinto nivel fixemos o Bici Bus, que consistiu en vir á escola e volver á casa en bicicleta. Acompañáronnos monitores voluntarios do Club Ciclista. Que ben o pasamos!!! Queremos que se repita.





sábado, 15 de septiembre de 2018

Horta en setembro

Para empezar o curso hai que ver como temos a horta dende xuño. Daquela sementamos amorodos , leitugas e tamén algunhas cabazas e cabaciñas. Tamén vimos que había algunhas patacas que naceran das plantas do ano anterior. No verán medraron moito as herbas, espigaron as leitugas e non sabemos que pasou coas patacas. Imos limpar a horta e ver que atopamos. Aquí están as fotos.

Benvida a Aarón

Damos a benvida a un novo compañeiro. Chámase Aarón, e xa o coñeciamos todos e todas, pero agora imos compartir con el moitas máis cousas

Horario

Este será o horario para o presente curso

martes, 4 de septiembre de 2018

Benvid@s ao....


CURSO 2018-19


e para ir facéndose é idea, aquí está xa o Calendario Escolar, (cortesía de afiestradamestra.blogspot.com)


domingo, 24 de junio de 2018

FESTA FIN DE CURSO

E o último día , que ben o pasamos! Inchables, obradoiro de pulseiras, obradoiro de maquillaxe, de manualidades, un photocoll con música,... e unha merenda deliciosa. Grazas a APA por organizalo.

miércoles, 20 de junio de 2018

FESTIVAL FIN DE CURSO

Dous vídeos coas fotos e vídeos feitos o día do Festival. Día de alegrías, pero tamén de penas, pois algunh@s vanse ao Instituto, e outr@s pasan xa a zona de Primaria. Un día para lembrar todos e todas.

HORTA DE VERÁN

Xa que este curso pouco poidemos colleitar do horto decidimos probar sorte no verán, así que imos deixar ben regadas as patacas, amorodos e leitugas que están sementadas e medrando, e por outra parte plantamos cabazas, cogombros e cabaciñas . Haberá que ver en setembro o que atopamos.