miércoles, 28 de octubre de 2015

Cociñeir@s por un día

Aquí presentamos a nosa primeira receita. Polo Samaín cabazas, e nós sacámoslle outro proveito. Aquí tedes a receita para facer MARMELADA DE CABAZA, rica, rica....

As nosas cabazas

Terroríficas, divertidas, arrepiantes,...., pero todas moi chulas. Parabéns para todos @s que participastes.

Benvida para Nicoleta

... que acaba de chegar de Romanía, despois de pasar polo colexio de Arteixo.
Estamos encantados coa súa chegada e faremos o posible para que se atope a gusto con nós.


Despedida para Ian

... porque despois de pasar uns anos con nós, agora parte para a súa terra de orixe. Vaise a Almería.
Imos botalo moito de menos, e esperamos que el garde un bo recordo noso.
Ata sempre Ian.

sábado, 24 de octubre de 2015

As cabazas do noso horto

Como chega Samaín, fixemos a colleita das cabazas do noso horto. Sorteámolas e tocáronlle a Andrea, Mari e Celeste.
A ver como as adornan para o concurso .
Ah.... e observamos que están medrando unhas pequeniñas.
Imos esperar ao Nadal e tamén as sortearemos.

Medo me dá

Observando artrópodos

Pois si , pola beira do Anllóns, observamos arácnidos.
Tiñan unhas teas xigantescas onde caían as súas presas, porque son carnívoras.
Atrévete a usar a lupa....

martes, 20 de octubre de 2015

Magosto e Samaín

O vindeiro día 29 imos celebrar as dúas festas do Outono, o Magosto e o Samaín. Teremos xogos tradicionais, concurso de cabazas, e moitas cousas máis que xa veredes no blog. De momento ide aprendendo máis cousas sobre estas dúas festas. Preme nas imaxes e vai vendo.
http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/SAMAIN/samain.html

http://chiscos.net/f1/samain/samain.html

http://chiscos.net/almacen/lim/samai_n4/lim.swf?libro=samai_n.lim

https://dl.dropboxusercontent.com/u/76330447/LIM%20MAGOSTO/lim_magosto_definitivo_y_corregido_25-10-12.html

https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/MAGOSTO/magosto.html

http://centros.edu.xunta.es/ceipjuanfernandezlatorre/magostolim/magosto.html
 E se aínda queres saber máis entra neste Symbaloo
http://lareando.blogspot.com.es/2013/10/o-outono-o-samain-o-magosto.html