lunes, 24 de octubre de 2016

Sarmale romanés

A tía de Nicoleta fixo sarmale esta fin de semana e quixo que nós probaramos esta comida de festa do seu país. Moitas grazas a toda a familia por compartir esto con nós.


24 de outubro. Dia das bibliotecas

Hoxe celebramos do Día das bibliotecas.


 Aproveitamos para levar a biblioteca de aula, que recollemos na biblioteca do colexio. Tamén aproveitamos para lerlle contos aos máis pequenos. Algúns ata nos aplaudiron. Gustounos moito, así que queremos repetir experiencia.

Xantar de níscalos

Aproveitando que trouxeron moitos cogomelos, e había moitos de uns que se chaman níscalos, aprendemos a cociñalos. Un pouco de allo, pirixel, aceite de oliva e xamón. Rico Rico. Ah, Husnein e Marwa coméronos sen xamón.

Exposición froitos de outono

Visitamos a exposición de froitos do outono. Había todo tipo de froitas, pero o que máis nos gustou foi a colección de cogomelos que había. E non todas eran comestibles, había unha amanita moi perigosa que nin se podía tocar.

lunes, 17 de octubre de 2016

HORTA DE OUTONO

Preparamos a horta para que no outono medren todo tipo de verzas, e tamén as navizas. No xardín sementamos os vulvos de outono. Tamén completamos a zona de aromáticas plantamos pirixel. Pronto veremos como medra todo.

O CARBALLO CON BOTAS

Despois de escoitar a historia de "O Carballo con botas" de Anxo Moure decidimos plantar tamén as nosas landras, que recollemos na saída ao bosque do Añón,en botas ou zapatos vellos. Veremos a ver que pasa.

AS ÁRBORES DA RIBEIRA DO ANLLÓNS

REPRODUCIÓN DAS PLANTAS

Observamos a flor, as partes masculina e feminina.







E nunha roseira vemos como o pistilo se converteu nun froito e dentro están as sementes