martes, 18 de abril de 2017

HORTA

Hai que ver que ben lle sentaron as vacacións á nosa horta. Mirade como medraron as plantas.






lunes, 17 de abril de 2017

Preparando as Letras Galegas

Todo o profesorado e alumnado do centro participaron no concurso de carteis das Letras Galegas, que foron acompañados dunha completa guía didáctica con actividades que están neste documento

domingo, 16 de abril de 2017

sábado, 15 de abril de 2017

O carballo con botas e as Ribeiras do Anllóns

Daquela primeira visita ao bosque do Anllóns, e da lectura de O Carballo con Botas, xurdiu un gran interese por coñecer a fauna e a flora do noso entorno. Temos aquí o traballo elaborado a partires do traballo ao longo dos dous trimestres pasados. Xa naceron os nosos carballos, e no vídeo podemos ver aos compañeiros do noso Carballo con Botas.



Ribeiras do Anllóns from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

domingo, 2 de abril de 2017

O noso patacal e xardín



Benvida Yasmin

Damos a benvida a Jasmín, que aínda que naceu en Bos Aires, hai dúas semanas que chegou ao noso colexio procedente de Negreira.
Estamos moi contenta de tela con nós, e esperamos que ela tamén se afaga ao noso colexio.
Benvida!!!!!!!

HORTA DE PRIMAVERA

Aproveitamos estes bos días de temperaturas suaves para sementar flores diferentes nas rodas, e na horta limpamos as herbas e sementamos feixóns, cogombros, pirixel.....
Esperaremos a ver se agroma todo

A aventura está no mar

Despois da saída do luns, o martes tivemos un obradoiro moi interesante. Tratouse de A AVENTURA ESTÁ NO MAR.Aprendemos que moitos peixes teñen nutrientes que son moi necesarios, uns proporciónannos forza, outros habilidade, outros tranquilidade..... así que é moi importante que comamos peixe varias veces na semana. Tamén xogamos e fixemos unha ximcana pasando por distintos peixes, facendo probas de habilidade, de agudeza visual, de forza.... Moi divertido. Xa nos tarda a saída a un porto que vai complementar esta actividade. Teremos que esperar ata xuño.