Recursos por materias
sábado, 24 de junio de 2017
miércoles, 21 de junio de 2017
domingo, 18 de junio de 2017
Ata pronto Mary
Este xoves foi o último día de traballo da profe Mary, que nos acompañou dende xaneiro todos os luns e os xoves.
viernes, 9 de junio de 2017
jueves, 8 de junio de 2017
Carreta de libros
Durante o mes de maio aproveitamos o bo tempo para ler nos recreos.
Todos os días saía unha carreta con libros e revistas cos que gozamos de momentos de relax e lectura ao aire libre.
Queremos que se repita o curso vindeiro.
Visita de Anxo Moure
Despois do traballo ao longo do curso arredor do libro O Carballo con Botas foi un bo final a visita de Anxo Moure, que deixou no noso alumnado unha pegada importante que non será doado esquecer.
ANXO MOURE from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.
Visita ao Concello
Continuamos o mes cunha visita ao Concello de Carballo.
Alí recibiunos o Alcalde, que contestou ás nosas preguntas e nos explicou como funciona un Concello e os servizos que presta.
Despois visitamos onde se fai a xestión económica, a urbanística, a Policía Nacional e a Local.
Rematamos visitando o mercado, a Biblioteca Rego da Balsa e o Museo de Bergantiños.
E se queres ver como saímos na prensa preme AQUÍ
Visita a Aspaber
Comezamos o mes de xuño coa visita a Aspaber, un centro ocupacional moi preto do colexio, onde aprendemos que todos podemos ser útiles, e os compañeiros e compañeiras de Aspaber nos demostraron como se esforzan por ter cada día unha vida mellor.
Aprendemos moito de todos e todas eles/as.
Lectura compartida con Carlos Casares
Polas Letras Galegas compartimos lecturas das obras de Carlos Casares.
Unha das obras era As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. E para lembrala agasalláronnos cun zume de laranxa natural despois da lectura.
Mago Benxamín
A véspera das Letras Galegas a ANPA agasallounos cunha actuación moi especial do mago Benxamín, que nos fixo gozar cos seus trucos de ilusionismo.
Como faría????
Suscribirse a:
Entradas (Atom)