domingo, 24 de junio de 2018

FESTA FIN DE CURSO

E o último día , que ben o pasamos! Inchables, obradoiro de pulseiras, obradoiro de maquillaxe, de manualidades, un photocoll con música,... e unha merenda deliciosa. Grazas a APA por organizalo.

miércoles, 20 de junio de 2018

FESTIVAL FIN DE CURSO

Dous vídeos coas fotos e vídeos feitos o día do Festival. Día de alegrías, pero tamén de penas, pois algunh@s vanse ao Instituto, e outr@s pasan xa a zona de Primaria. Un día para lembrar todos e todas.

HORTA DE VERÁN

Xa que este curso pouco poidemos colleitar do horto decidimos probar sorte no verán, así que imos deixar ben regadas as patacas, amorodos e leitugas que están sementadas e medrando, e por outra parte plantamos cabazas, cogombros e cabaciñas . Haberá que ver en setembro o que atopamos.






lunes, 18 de junio de 2018

AQUAPARK

Grazas a que o alumnado de sexto nivel participou no Ecopreguntoiro fomos invitad@s ao Aquapark de Cerceda.

miércoles, 6 de junio de 2018

DOLMEN DE DOMBATE

Hoxe fomos a Borneiro. Alí está o Dolmen de Dombate, que xa coñeciamos, pero tamén fixemos un obradoiro para saber como se vivía na época do Dolmen, no Neolítico. Moitas cousas xa as sabiamos, pero puidemos ver ferramentas de pedra, varios instrumentos musicais, un muíño, un tear,.... case nos puidemos poñer na pel dos habitantes daquela época. Se queres, aquí tés algunhas fotos da visita.

GUÍA DE LECTURAS DE VERÁN

Guia de Lectura Verán by Equipo Biblioteca on Scribd