domingo, 22 de junio de 2014

E se queres repasar no verán....

.... en cada imaxe hai enlaces con actividades on line ou imprimibles para repasar o curso e prepararte para sexto. Tamén podes mirar nos enlaces da dereita do blog onde hai actividades de todas as áreas.
http://milagrotic.blogspot.com.es/p/lengua-5-temas.html

http://recursosdidacticosparaimprimir.blogspot.com.es/2013/06/cuaderno-de-vacaciones-multidisciplinar.html

http://milagrotic.blogspot.com.es/2013/06/cuadernos-vacaciones-imprimibles_29.html

http://milagrotic.blogspot.com.es/p/matematicas-5-temas.html

http://milagrotic.blogspot.com.es/p/blog-page.html

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Verano2014/index.html

Festa fin de curso

Neste fin de curso tivemos unha Olimpiada de xogos tradicionais. Xogamos ao tira da corda, ao brilé, aos bolos, e tivemos carreiras de sacos. Os pequerrechos estiveron xogando nos inchables e todos e todas merendamos, pois a APA invitounos a bocatas e bebida. Despois houbo un obradoiro de abalorios no que fixemos pulseiras e colares, e outro de maquillaxe. Por fin, para rematar entregaron os regalos dos distintos gañadores das Olimpiadas, dos finalistas da portada da revista escolar e tamén nos fixeron unha actuación os de sexto que se despediron así de nós.

Xantar de fin de curso

Coma sempre fixemos o noso xantar festeiro. Desta vez comemos os chícharos que cultivamos na horta, iso si, con panceta, que estaba ben boa.

Pero iso foi so o primeiro prato. Despois fixemos pinchos de carne e de peixe. E de sobremesa, xa tiñamos a tarta de piña na neveira que fixemos hai dous días. Todo rico, rico....

SIMULACRO DE INCENDIO

Na derradeira semana de curso tivemos un acontecemento moi especial. Foi un simulacro de incendio. Primeiro tivemos unha exposición de medios materiais dos bombeiros, protección civil, garda civil, policía local, e ambulancias. Houbo dous obradoiros, nun aprendemos a bucear entre o fume, acompañados sempre por un bombeiro, despois, persoal sanitario ensinounos como debemos facer se atopamos unha persoa inconsciente. Aquí podedes ver as fotos das actividades.

Despois volvemos ás clases, pero moi pronto escoitamos a sirena, tres toques seguidos, o que quere dicir que hai lume. Saímos moi ordenadiños ata o patio cuberto, pero un grupo quedou pechado na clase. Moi pronto chegaron os bombeiros , protección civil, médicos e enfermeiras..... Rescataron a todos os que quedaron dentro, sacaron a algún pola escaleira xigantesca que tiñan, a outros pola porta nunha padiola..... Todo moi interesante. Espectacular!

martes, 17 de junio de 2014

Obradoiro de zancos

Fixemos zancos coa profe Marisa. Recortamos cilindros de cartón, un de 1 metro, outro de 20 cm, 2 de 15 cm e 1 de 10 cm Colocámolos como podes ver e pegámolos con cinta adhesiva. Aquí os tedes

Apañando patacas

Que orgullos@s estamos da nosa colleita. Decidimos apañar as patacas, pois xa estaban as prantas secas. E hai que ver que colleita tivemos. Mañá imos repartilas, e xa nos tarda a tortilla que imos facer con elas.

Sobremesa de piña

Para a fin de curso estamos preparando un rico xantar. De momento preparamos unha saborosa sobremesa que nos vai esperar no frigorífico ata o xoves. Ten boa pinta.

Preparando a horta para o verán

Imos deixar un pouco abandonada a horta durante os meses das vacacións. Quedan as cebolas, pero xa collemos os chícharos, e debullámolos, e tamén cortamos as silvas que veñen da finca dos veciños. Arrincamos as últimas herbas e preparamos as patacas para recollelas.

E por fin temos unha ra

Antes de devolvela aos muíños de Ardeleiro estivemos observándoa e aquí está para que vós a vexades.