viernes, 28 de diciembre de 2012

Guía de lectura de Nadal

Recomendamos que entre os agasallos se pida algún libriño que seguramente farán voar a imaxinación dos nenos e nenas Guia de Nadal 2012

sábado, 22 de diciembre de 2012

E visitounos Papá Noel




Frederick

Antes do Nadal os rapaces e rapazas de 4º contámoslles a todos os demais do colexio a historia dun ratiño moi especial que se chama Frederick e que non facía o mesmo que os demais ratos, non traballaba no de sempre, recollendo comida, pero recollía outras cousas....

Nadal venezolano

O noso Dani Peña é venezolano, e Dani García é fillo de venezolana. Este Nadal probamos un prato tradicional de Venezuela nestas datas. O pan de xamón. Estaba boísimo. Pronto probaremos tamén arepas e tamales.Mmmmmmmm! Xa me tardan

viernes, 21 de diciembre de 2012

FESTIVAL DE NADAL 2012

Mirade o ben que cantamos en inglés

E que tal esta danza francesa? Dani Silva ofreceunos "Campanera". E para rematar cantou "Y que el payo se la lleve".

lunes, 17 de diciembre de 2012

Sorpresa!!!!!!

E tan grande e abondosa... Esta mañá tiñamos unha sorpresa ao chegar á escola. O que o venres parecía unha verruguiña no saco produtor de setas esta mañá estaba así de fermoso. A ver canto medran esta semana e podemos probalas antes do Nadal.




domingo, 16 de diciembre de 2012

Seguiremos

En tempo de Nadal non está mal lembrarse de todos os que non están tan ben coma nós. Xenial Macaco

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Deitado frente ao mar. Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro

Lingua proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me peta e me da a gana.....
E ai que ben a falaron e a recitaron os nosos compañeiros Claudiu, Cosmin, David e Chiquiño.
E de bailar xa non dicimos nada.
Xenial , moitas grazas por facernos ver o orgullosos que estades da nosa LINGUA, aínda que dous deles teñades como lingua nai a romanesa.

lunes, 10 de diciembre de 2012

AÍ VÉN O NADAL

E molestáronse algúns compañeiros en recompilar recursos. En cada unha desta imaxes podes atopar moitas actividades, debuxos para colorear, panxoliñas, etc.
Do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo.

 Do CEIP Víctor Sáenz
 E de Patricia Pena en Falando enténdese a xente

domingo, 9 de diciembre de 2012

Visita á Domus

O 5 de decembro visitamos a Domus na Coruña. Aprendemos moitas cousas do corpo humano. Mira as fotos e verás....

viernes, 7 de diciembre de 2012

Deitado frente ao mar. Celso Emilio Ferreiro

Preparamos o poema Deitado frente ao mar, de Celso Emilio Ferreiro, para recitalo o 12 do 12 do 12 ás 12 en todos os colexios de toda Galicia. Unha versión moi interesante que están preparando Claudiu e o seu grupo para ofrecernos a todos e todas

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Ollos de aula, revista para as familias

Un número novo da revista Ollos de aula, especialmente dirixida para as familias do alumnado.
Botádelle unha ollada, este número ten suxestións para o Nadal

Ollos de aula. Nº 3

domingo, 2 de diciembre de 2012

Conmemoración da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía de Galicia

Do 1 ao 11 de decembro conmemoramos o aniversario da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía de Galicia.
Nestas dúas imaxes atoparás actividades para saber máis sobre eles.
Preme, le, escoita, e fai as actividades