viernes, 19 de junio de 2020

Fin de curso 2019-20

E chegou o fin de curso. Sempre desexamos que chegue ese día, pero este curso con moitas máis razóns.
Curso raro, esperemos que non se repita outra vez.
Agora toca descansar, desconectar, e vir todos e todas con moitas forzas en setembro, que temos moito que contarnos e moito que poñernos ao día.
Sede moi prudentes, non esquezades usar a mascarilla,non vos metades en aglomeracións, moito coidadiño, que  quero vervos a todos e todas ben sanciños á volta. Teremos tantas cousas que ver e aprender!!!!
Agora quédanvos aquí unhas fotos desta semana , e o vídeo que fixemos entre case tod@s, para fin de curso. Moitas grazas por colaborar neste festival virtual!!!!!








jueves, 18 de junio de 2020

VENRES, 19 DE XUÑO

E hoxe despedímonos, ata setembro.
Por iso o traballo vai resultar chupadito e tamén che poño as correccións ao final.
Disfruta do verán, o traballo que che darei co boletín das notas é voluntario, por se un día chove e te aburres sen facer nada, e tamén por se queres facer un repasiño para comezar moi preparado o curso vindeiro.

Bo verán,
Vémonos en setembro.

Corrixe o traballo de onte







E hoxe xó un pouco de Matemáticas.  Máis abaixo tes as correccións.





miércoles, 17 de junio de 2020

XOVES, 18 DE MAIO

Corrixe o traballo de onte




E o último traballo de Lingua deste curso

E Matemáticas


Mira o que lle pasa ao planeta.

martes, 16 de junio de 2020

MÉRCORES , 17 DE XUÑO

Corrixe o traballo de onte




E agora un pouco de LINGUA

MATEMÁTICAS


Un vídeo que explica moi ben o ciclo da auga



   Deberes de  INGLÉS  Data: 16-06-2020

Bos días, esta semana:

A) Imos facer, para empezar, un sudoku. O obxectivo xa sabedes cal é, non si?; o que ocorre neste caso e que, en vez de encher os ocos con números debedes facelo cas palabras que vos dou (relacionadas ca familia), de forma que ninguna se repita en ninguna fila e tampouco nas columnas. Moita sorte!.

B) Ademáis debedes facer as dúas fichas que vos envío, unha para repasar o presente do verbo PLAY e outra sobre os alimentos.


lunes, 15 de junio de 2020

MARTES, 16 DE XUÑO

Corrixe o traballo do luns.
Envíame as portadas do conto, e tamén a copia se ti queres.



Empezamos con LINGUA

Y matemáticas

E agora algunhas curiosidades das que sei que che gustan


domingo, 14 de junio de 2020

LUNS, 15 DE XUÑO

Esta é a última semana de clase.
Esperemos que cando volvamos en setembro poidamos estar todos e todas xa no colexio, con todas as precaucións debidas, pero no colexio mirándonos á cara e outra vez xuntos.
O traballo desta semna é relaxado, para ir tomando o ritmo do verán. 


Comezamos corrixindo o que fixeches o venres







Agora toca a lectura de " O ÚLTIMO CANTO", despois cóntalle a historia a quen estea contigo, e fai o título, a portada e unha copia da parte que ti escollas.

Despois Matemáticas


Imos dar un repaso das táboas, a ver se es capaz de facelas sen mirar pola táboa

La tabla del 5, una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com
A estas alturas estaríamos preparando o festival de fin de curso. Non vai poder ser, pero que tal unhas

coreografías?