sábado, 24 de noviembre de 2012

Para saber máis. A reprodución

En cada imaxe atoparás actividades para comprobar o que sabes e aprender máis sobre a reprodución humana.
Clica nelas e adiante




 E para repasar todo o que xa sabes do corpo humano


jueves, 22 de noviembre de 2012

Sabores do mundo. Sobremesa paquistaní

Javeria, Abdullah, e Husnein trouxéronnos unha sobremesa saborosísima. É tradicional do seu país e cociñouna Tahira, a súa nai, que debe ser moi boa cociñeira. Mmmmm! estaba riquísima, gustounos moito, e estamos desexando probar máis sabores do mundo, quen se anima a invitarnos????

domingo, 18 de noviembre de 2012

A reprodución humana

Se pulsas na imaxe terás moita información sobre a reprodución humana.

E tamén poderás aprender máis nos seguintes enlaces
Gustarache ver estes vídeos 

 
e tamén estoutro de ERASE UNHA VEZ A VIDA

E podes xa facer estas ACTIVIDADES

sábado, 17 de noviembre de 2012

Tempo de outono, tempo de concursos e recolleitas

Aquí tedes dúas propostas de actividades. Por unha banda, recollede receitas que se fagan con froitos do outono, por outra contesta as preguntas que che propoñemos, investigando na exposición da entrada.



sábado, 3 de noviembre de 2012

Samagosto

Este curso deusenos por xuntar Magosto e Samaín, así que tivemos unha festa dobre. Na nosa clase preparamos comidas saudables e tradicionais. En primeiro lugar fixemos colares con zonchos, castañas cocidas coa monda, fixemos cadaleitos con pan integral , marmelada e xarope de froitas, e tamén probamos co pan sobro cabelo de anxo, que se fai cunha cabaza. Comemos castañas asadas, e no festival deronnos os premios polas cabazas. Na nosa clase tiveron premio Patricia, Jonathan e Karina. Parabéns para eles e tamén para todos os que participamos da festa.