sábado, 3 de noviembre de 2012

Samagosto

Este curso deusenos por xuntar Magosto e Samaín, así que tivemos unha festa dobre. Na nosa clase preparamos comidas saudables e tradicionais. En primeiro lugar fixemos colares con zonchos, castañas cocidas coa monda, fixemos cadaleitos con pan integral , marmelada e xarope de froitas, e tamén probamos co pan sobro cabelo de anxo, que se fai cunha cabaza. Comemos castañas asadas, e no festival deronnos os premios polas cabazas. Na nosa clase tiveron premio Patricia, Jonathan e Karina. Parabéns para eles e tamén para todos os que participamos da festa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario