jueves, 29 de septiembre de 2016

Visita á Ribeira do Anllóns

Hoxe visitamos a Ribeira do Anllóns, que tamén se chama Bosque do Añón, un paseo pola beira do río. Alí descubrimos moitos animais , aprendemos a distinguir entre as distintas árbores e arbustos, e tamén vimos fungos.

martes, 27 de septiembre de 2016

Alimentos de todos os reinos dos seres vivos

Os reinos dos seres vivos apórtannos alimentos.
Probamos alimentos dos cinco reinos
En primeiro lugar vemos como os fungos e as bacterias poden ser beneficiosos. O kéfir é unha mestura de fungos e bacterias, que fai fermentar o leite e o convirte nun riquísimo e saudable leite kefirado.

Tamén cociñamos. Desta vez probamos algas.
Con alga nori, arroz, salmón e aguacate facemos sushi, que está riquísimo con salsa de soia.
Non é doado comelo cos palillos.
Tamén unha ensalada de arroz con algas que rehidratamos.
Todo rico, rico.....

sábado, 24 de septiembre de 2016

AS PLANTAS

Para saber máis das plantas vai premendo nestes números:
1  2   3   4   5 
E agora xa podes facer estas actividades:
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1362685434/contido/o_marabilloso_mundo_das_plantas.html

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1339156528/contido/as_plantas.html

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1303196450/contido/Bosque/In.swf

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1303200158/contido/Bosque/In.swf
 

miércoles, 14 de septiembre de 2016

Primeira visita á horta

Xa o primeiro día fomos ver como estaba a horta e amañámola un pouco porque estaba moi seca de todo o verán.
Arrincamos herbas, recollemos as verzas, regamos as cabazas, e botámoslle a herba seca por riba, para que vaia converténdose en terra nova. Pronto volveremos para ver que podemos sementar neste tempo.
Ah.... tamén recollemos romeu para facer alcohol de romeu.

Para reflexionar


HORARIO


GRUPO DE CUARTO NIVEL

Velaí estamos todos e todas o primeiro día de clase.
Xa non están con nós Sara e Adrián, pero chegaron Murillo e Óscar.
Que sexan benvidos.