lunes, 27 de marzo de 2017

SAÍDA a A CORUÑA

Hoxe fomos a A Coruña. Empezamos pola mañá visitando a Torre de Hércules, un faro que está en funcionamento dende hai 2000 anos. Despois fomos andando á Domus, a casa do home, onde aprendemos moitas cousas sobre o noso corpo e o seu funcionamento. Tamén vimos unha película en 3D, dun esquío e un rato, e como vían eles o mundo. Xantamos na Domus e demos un paseo moi grande por toda a cidade, ata chegar ao Castelo de San Antón. Alí recolleunos o autobús e levounos á Casa dos Peixes, onde vimos de novo ao noso amigo Gastón, o tiburón touro.















miércoles, 22 de marzo de 2017

OBRADOIRO DE IGUALDADE

Tivemos estes días unhas actividades moi especiais que nos proporcionou o Concello de Carballo
Fixemos unhas sesións onde reflexionamos sobre a igualdade de xénero.
Aquí tedes algunhas fotos das actividades e os vídeos que nos fixeron.
Agora imos participar no concurso contando historias de vida de mulleres carballesas.
Ensinarémosvolas cando as rematemos.

Que está pasando nos coles de Carballo? from Xose Ares Gonzalez on Vimeo.

Igualando carballo from Xose Ares Gonzalez on Vimeo.

PRIMEIRAS FLORES PRIMAVERAIS



NARCISOS  E XACINTOS. PRONTO VEREMOS TULIPÁNS E OUTRAS FLORES.

21 de MARZO, DÍA DA POESÍA


8 de marzo , DIA DA MULLER

Despois de investigar, fixemos un mural das pintoras que eleximos como favoritas de todas as que coñecemos coas nosas pescudas
Aquí están os traballos de todo o colexio.

lunes, 13 de marzo de 2017

lunes, 6 de marzo de 2017

INVESTIGANDO: AS PINTORAS GALEGAS

Aquí propoñémosche que investigues e descubras pintoras galegas.
En primeiro lugar  busca nestes dous enlaces nomes de pintoras galegas e fai un listado das que atopes
100 MULLERES GALEGAS
WIKIPEDIA
Tamén atoparás información nestes dous blogs
VERBA ENTEIRA QUE É
AS CORES DE GALICIA

Agora tes un video no que verás obras de todas elas.

Se aínda che falta por ver a obra de algunha pintora búscaa en google / imaxes Agora, con toda a información vas facer un mural titulado "Pintoras galegas"

jueves, 2 de marzo de 2017

ENTROIDO

Celebramos o Entroido como debe ser, cuns disfraces moi chulos, relacionados co proxecto Da horta á mesa, e cunha boa degustación de produtos típicos deste tempo. O domingo participamos no concurso de comparsas do Concello, e gañamos o segundo premio de comparsas infantís. Parabéns a todos e todas as que participaron