lunes, 27 de marzo de 2017

SAÍDA a A CORUÑA

Hoxe fomos a A Coruña. Empezamos pola mañá visitando a Torre de Hércules, un faro que está en funcionamento dende hai 2000 anos. Despois fomos andando á Domus, a casa do home, onde aprendemos moitas cousas sobre o noso corpo e o seu funcionamento. Tamén vimos unha película en 3D, dun esquío e un rato, e como vían eles o mundo. Xantamos na Domus e demos un paseo moi grande por toda a cidade, ata chegar ao Castelo de San Antón. Alí recolleunos o autobús e levounos á Casa dos Peixes, onde vimos de novo ao noso amigo Gastón, o tiburón touro.















No hay comentarios:

Publicar un comentario