domingo, 2 de abril de 2017

A aventura está no mar

Despois da saída do luns, o martes tivemos un obradoiro moi interesante. Tratouse de A AVENTURA ESTÁ NO MAR.Aprendemos que moitos peixes teñen nutrientes que son moi necesarios, uns proporciónannos forza, outros habilidade, outros tranquilidade..... así que é moi importante que comamos peixe varias veces na semana. Tamén xogamos e fixemos unha ximcana pasando por distintos peixes, facendo probas de habilidade, de agudeza visual, de forza.... Moi divertido. Xa nos tarda a saída a un porto que vai complementar esta actividade. Teremos que esperar ata xuño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario