jueves, 8 de junio de 2017

Horta en xuño







Carreta de libros

Durante o mes de maio aproveitamos o bo tempo para ler nos recreos. Todos os días saía unha carreta con libros e revistas cos que gozamos de momentos de relax e lectura ao aire libre. Queremos que se repita o curso vindeiro.

Visita de Anxo Moure

Despois do traballo ao longo do curso arredor do libro O Carballo con Botas foi un bo final a visita de Anxo Moure, que deixou no noso alumnado unha pegada importante que non será doado esquecer.

ANXO MOURE from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

Visita ao Concello

Continuamos o mes cunha visita ao Concello de Carballo. Alí recibiunos o Alcalde, que contestou ás nosas preguntas e nos explicou como funciona un Concello e os servizos que presta. Despois visitamos onde se fai a xestión económica, a urbanística, a Policía Nacional e a Local. Rematamos visitando o mercado, a Biblioteca Rego da Balsa e o Museo de Bergantiños.

E se queres ver como saímos na prensa preme AQUÍ

Visita a Aspaber

Comezamos o mes de xuño coa visita a Aspaber, un centro ocupacional moi preto do colexio, onde aprendemos que todos podemos ser útiles, e os compañeiros e compañeiras de Aspaber nos demostraron como se esforzan por ter cada día unha vida mellor. Aprendemos moito de todos e todas eles/as.

Lectura compartida con Carlos Casares

Polas Letras Galegas compartimos lecturas das obras de Carlos Casares. Unha das obras era As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. E para lembrala agasalláronnos cun zume de laranxa natural despois da lectura.

Mago Benxamín

A véspera das Letras Galegas a ANPA agasallounos cunha actuación moi especial do mago Benxamín, que nos fixo gozar cos seus trucos de ilusionismo. Como faría????

sábado, 13 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS

IGUALANDO CARBALLO

Despois de actividades que comezamos no mes de marzo, por fin deron os premios do concurso de historias de vida de mulleres de Carballo
O gañador do noso Colexio foi Daniel Espasandín, pero todos e todas fomos gañadores, pois publicouse un libro coas historias que escribimos. Tamén nos deron un ramos de flores para as protagonistas das nosas historias, esas mulleres que nos inspiraron.
Tamén nos gustou moito ver á nosa compañeira Jadira, que aínda que xa non está no noso colexio, gañou o premio do seu.
Parabéns a todos e todas  os/as participantes.




igualando Carballo from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

E aquí están as nosas historias

UN DÍA DE CICLISMO

O Club Ciclista Carballo compartiu con nós unha xornada practicando actividades na bicicleta. Aquí tedes unhas imaxes dese día.

club ciclista from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

HORTA


domingo, 7 de mayo de 2017

ACOSO ESCOLAR

O Departamento de Orientación invitounos a unha sesión de cine á Biblioteca. Tratábase de ver algo sobre o acoso escolar. Era esta película Tamén aprendemos un rap de El Langui, que case nos sabemos. E nesta peli podes ver todo o proceso

SESIÓNS DE CINE from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

lunes, 1 de mayo de 2017

PEDRO E O LOBO

Esta semana fomos a Santiago ao concerto de PEDRO E O LOBO. Cada animal correspondíase cun instrumento. Foi moi interesante. Antes, estivemos xogando nun parque.