miércoles, 26 de febrero de 2014

Planetario

Mágoa non poder ensinar por aquí o que vimos dentro do planetario que tivemos no ximnasio. Prestóunolo La Caixa, e vimos dúas montaxes, unha sobre a estrela polar, que sempre nos indica o norte, e outra sobre o ceo que vemos durante o inverno.

OBRADOIRO DE MÁSCARAS

Durante as dúas últimas semanas houbo nos recreos un obradoiro no que puidemos facer máscaras.
Algunhas quedaron ben chulas, pero sobre todo, pasámolo moi ben.
Mirade ....

miércoles, 19 de febrero de 2014

Toca degustar os nosos produtos da horta








A materia

Preme nas imaxes e terás máis claros algúns conceptos novos
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1363890406/contido/Unidade5/indice_materia-enerxia.html

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1285569268/contido/index.html?ln18=gl&pathODE=f10/0_ID/&maxScore=88&interfaz=interfaz_t01&titleODE=.:%20A%20materia%20:.

Pintura no patio

Moito tivemos que esperar para poder saír de novo a pintar, porque non paraba de chover e facer moito vento. Pero por fin saíu unha raiola de sol e aquí está a nosa nova obra. Falta por rematar, pero so pequenos detalles. Xa temos as carreiras de sacos, as chapas, e falta pouco para rematar a mariola.


O noso mural

Nestes días estamos escoitando a Rosalía que está musicada por varios artistas. Tamén puxemos o noso gran de area para celebrar o seu día pintando un mural no patio. A que nos quedou chulo?

sábado, 15 de febrero de 2014

Xogos tradicionais. Antes e agora

Despois do traballo realizado arredor da obra Xogos de nenos e nenas de Pieter Brueghel fixemos esta selección de xogos comparando a imaxe de como se xogaban daquela e como xogamos nós agora.

Antes e Agora by Chelo Alvarez Veira

sábado, 8 de febrero de 2014

O noso sistema solar

Nel podemos facernos unha idea das medidas dos planetas e a distancia entre eles.


A colleita desta semana

Despois dunhas semanas con moita chuvia, chegou un día que poidemos recoller a nosa colleita. Houbo grelos para varios cocidos, algún brécol e algunha leituguiña. Moi pronto máis.....

martes, 4 de febrero de 2014

Ximcana co club ciclista

Este luns tivemos unha actividade moi chula. Os mozos do Club Ciclista viñeron ensinarnos que actividades se poden facer coas bicis. Fixemos unha ximcana no patio cuberto. E non nos importaba a sarabia que caía cada pouco. Xa hai alguén interesado en saír de paseo os sábados con eles.

Investigando a Pieter Brueghel