lunes, 13 de febrero de 2017

HORTA DE INVERNO

No mes de xaneiro houbo unhas fortes xeadas que fixeron que non se puidera traballar na terra. Por fin empezamos a traballar nela. O primeiro foi limpala de malas herbas para poder sementar. Despois é tempo de plantar as patacas e as verzas, pero tamén limpar ben para que medren o que sementamos no outono. Preparamos a terra para que outro grupo sementase os chícharos. E agora toca esperar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario