sábado, 26 de marzo de 2016

Pascua multicultural

Temos a sorte de contar con compañeiras de outros países. Mari, Rosana, Andreea, Nicoletta e Mariana son romanesas e ensináronnos como celebran a Pascua no seu país. Alí tinguen ovos, brindan con eles, comen sarmale e cozonac, e deséxanse PASTE FERICIT.




Nós ensinámoslles como se celebraba e se celebra en Galicia, polo menos na nosa zona, onde aos afillados se lles agasallaba cun bolo de  pan, que cos anos se convertiu en pan de ovo. María trouxonos un bolo de cada e estabavos ben bo.




Tamén Celeste, de Paraguai nos contou que alí fan chipa paraguaya, e buscamos como facela nós. Tamén aproveitamos para degustar alfajores, típicos de Uruguai, a terra da nai de Priscila

No hay comentarios:

Publicar un comentario