domingo, 20 de noviembre de 2016

Horta en novembro

Tocou dar unha voltiña pola horta. Tiñamos que arrincar malas herbas que medraron no medio dos cultivos. Tamén botamos cascas de ovo arredor das plantas, para que non a coman as lesmas e os caracois. Atopamos unhas pequenas cabazas, a ver se medran e podemos comelas. As rabizas xa teñen un bo tamaño e pronto as poderemos recoller tamén. Enchemos algúns neumáticos con compost e terra, e nelas plantamos o physalis que tiñamos, unha roseira, unha framboeseira e un aguacateiro que conseguimos das súas sementes. As acelgas estaban comidas dos caracois, plantamos outras novas, vermellas, e botámoslles cascas de ovos darredor para que non os volvan a comer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario