domingo, 27 de noviembre de 2016

Saída a Santiago de Compostela

O día 5 de decembro o alumnado de terceiro e cuarto nivel faremos unha saída a Santiago de Compostela.
Visitaremos o Museo de Historia Natural , onde teremos unha visita guiada.
Despois iremos á Escola Galega de Consumo, onde faremos un obradoiro sobre o Consumo en Nadal.
Pola tarde remataremos cunha visita ao Museo do Pobo Galego, onde faremos un xogo de pistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario