domingo, 26 de abril de 2020

LUNS 27 DE ABRIL

E pouco a pouco fomos chegando a fins do mes de abril.

Esta semana só ten 4 días de cole, porque o venres é festivo. Imos aproveitalos.

O primeiro para este luns é un conto.
 Esta vez é A CASA DA MOSCA CHOSCA.

Podemos escoitalo, pero tamén podemos lelo nas imaxes.



Agora podemos contar nós o conto, a quen estea con nós, pero tamén podemos pedirlles que nos graven e explicar o conto, ou comentar algo que nos gustase especialmente.

E coma cada luns, tócanos facer o título e a portada.. A ver que tal vos sae.

Agora un pouco de matemáticas.



MATEMÁTICAS PARA MALAK

Non fai falta que o debuxe, que conte e llo diga a Zakaria ou a papá.


PARA TODOS E TODAS. TOCA DISCURRIR UN POUCO


Son actividades orais, non tes que escribir nada, so pensar e dicirllo a quen estea contigo.



Un pouco de zumba?
<


No hay comentarios:

Publicar un comentario