lunes, 13 de abril de 2020

INGLÉS PARA A SEMANA

Os deberes para esta semana son os seguintes:
A) Do pdf ¨reinforcement and extension¨ (xa no blog) debedes facer a páxina 11 da seguinte maneira:
Ex. 1: poñedes o nome do animal no crucigrama.
Ex. 2: ledes cada frase mirando os dous debuxos e rodeades a opción debuxo A ou debuxo B, segundo onde estean os animais que nomea cada frase. Mirade o exemplo.
 
B)    O documento word que envío é de repaso da Unit 3: podedes facelo directamente no PC, sen imprimilo (algúns inclúen axuda ó final da páxina).
 
C)    O documento pdf que envío, chamado ´Cutout´ é similar ou igual que o que tedes o final do voso Activity Book, pero non todos o tedes na casa, por iso o envío. É algo máis divertido e debedes facer o seguinte:
Poñer baixo cada personaxe unha frase do tipo ´I like…´ ou ´I don´t like…´ e completades cunha actividade da Unit 3 (playing football, reading…). Se tedes con quen xogar podedes recortar as personaxes, coller un dado e xogar dicindo a frase correspondente o caer nas casillas.





  E tamén:
1) Facer o documento word e
2) probar os xogos das páxinas que envío; son similares aos que enviei o outro día, todos de inglés; vos recomendo que fagades os seguintes, pois o resto poden resultar difíciles para vos:
Páxina “Las lomas English”: números 2, 4, 6, 7 e 9 da miña explicación.
Páxina “Nasa kids club”: Level 1: 1 e 3. Level 2: 4. Level 3: 7. Level extra: 13.
Lembrade que podedes (e debedes) pedir consello ou axuda aos compañeiros mayores, pois xa os coñecen, e tamén aos vosos pais. Espero que vos gusten!.



No hay comentarios:

Publicar un comentario