miércoles, 18 de marzo de 2020

Os nosos arcos da vella,,,e algo máis


A nosa compañeira María , que tantas veces nos deleita coa súa voz, decidiu que en vez de ler era mellor cantar o conto. 



E Carla mandounos un vídeo no que está cociñando. Que vaia facendo a receita para cando esteamos xuntos de novo. Imos facelo , e por suposto, comelo. 


Agora un conto, o conto do Coronavirus, que nos da ideas para facer pregando papel. , e que nos ofrece o Salón do Libro de Pontevedra, que non vai poder celebrarse.






A ver se podedes abrir esta LIGAZÓN. É un vídeo que xa coñecedes, que vimos na escola. Da ideas de como conseguir plantas. Animádesvos a conseguir algunhas.

Agora chega a fin de semana.
Déixovos a proposta da Biblioteca para o DÍA DA POESÍA. Se facedes algunha xa sabedes: facédeslle unha foto e mandádesma. Poñereina aquí en canto sexa posible.

O Luns máis.

Ata pronto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario