domingo, 22 de marzo de 2020

Luns 23 de marzo

Como seguramente xa tedes rematado o traballo que levastes o último día que nos vimos vou subir ao blog cada día o traballo para o seguinte.
Espero que poidades todos e todas acceder ao blog. Tentarei de non subir nada que teñades que imprimir, e poidades facer o que sexa nas vosas libretas.
Seguiremos máis ou menos a programación que tiñamos no colexio, E por iso, xa sabedes que os luns toca lectura do conto.
Así que tedes aquí un conto que é moi interesante nestes momentos. Aprenderedes moitas cousas sobre o coronavirus. Premede na imaxe
Le o conto en voz alta ata o final. Despois explícalle a historia a quen estea contigo e despois, coma sempre toca facer a portada. Faina na libreta e bota a voar a túa imaxinación .

Agora un pouco de Matemáticas
Preme en ORDENAR NÚMEROS

Preme en REPASO DE TÁBOAS

Unha pequena  curtametraxe para reflexionar sobre a paciencia e o esforzo.



Podes  escribir na túa libreta catro ou cinco oracións contando a historia. Empeza así:
Érase unha vez un neno que vivía cun alfareiro e un día pediulle.....

E que tal un pouco de baile para espabilar e facer exercicio?




E para SAMUEL estas actividades 1  2  3  4  

Busca as actividades de música que che corresponden neste blog
Non te apures, son para toda a semana


E FIDALGO RECOMENDA

No hay comentarios:

Publicar un comentario