domingo, 27 de mayo de 2018

Obradoiro de integración social

Estes últimos días de curso imos facer un obradoiro sobre Integración Social.
Na primeira sesión pasámolo moi ben.



Regando a horta

Parece que chega o bo tempo, e cómpre que reguemos un pouco o horto.
As leitugas están medrando, os amorodos botaron flores, pero as patacas.... as patacas están enormes.


Benvida a José Diego

Damos a benvida ao novo compañeiro que acaba de chegar.
Chámase José Diego, e parece que se adapta ben ao noso grupo

martes, 22 de mayo de 2018

ATRÉVETE A TER UNHA IDEA

Aquí están as ideas que imos mandar ao concurso Atrévete a ter unha idea. Son empresas que montaríamos como pequen@s emprendedor@s e que cremos que terían moito éxito.
Sorte no concurso!!!!!






sábado, 19 de mayo de 2018

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Aquí tés un taboleiro con algúns dos novos libros da Biblioteca. Podes consultalo para ver se che gusta algún. Tamén os podes ver no andel de NOVIDADES da Biblioteca, e pronto os poderás levar en empréstito

Made with Padlet

miércoles, 16 de mayo de 2018

UN CACHIÑO DE BICA?

E para rematar a celebración das Letras Galegas, fixemos unha lectura colectiva do libro "A FESTA NO FAIADO" de María Victoria Moreno, que tanto nos gustou. Celebrámolo comendo un anaquiño de bica, polo outro libro da autora que se titula "Un cachiño de bica?", e recibimos o agasallo dunh regra e un marcapáxinas cos carteis. Tamén levamos unha receita para facer a bica na casa.

AS LIÑAS DO TEMPO

domingo, 13 de mayo de 2018

PREMIOS CARTEIS LETRAS GALEGAS

Acabamos de recibir o PREMIO AOS CARTEIS DAS LETRAS GALEGAS 2018.
Foi un día moi emocionante, aquí podes ver un vídeo das fotos dese día, e outro cos carteis e detalles da guía. Esperamos que vos gusten.

LIÑAS DO TEMPO DE MARIA VICTORIA MORENO

Así de preciosas quedaron as nosas liñas do tempo que elaboramos a partires da webquest.









BOLACHAS DE AVEA

Para a nosa visita ao Centro de Día quixemos levarlles un agasallo feito por nós. Así que escollemos unha receita moi saborosa de bolachas de avea.

VISITA AO CENTRO DE DÍA

Tivemos esta semana unha visita moi interesante. Foi un encontro interxeracional, pois visitamos aos usuarios e usuarias do Centro de Día. Hai que ver que cousas tan interesantes nos contaron esas persoas maiores, sobre todo como vivían, como eran as casas, que comían, ...... xa desde agora dicimos que queremos repetir.



TEATRO NO INSTITUTO

O Instituto Alfredo Brañas invitounos a visitalo aproveitando para ver unha obra de teatro do alumnado de Primeiro da ESO. Vimos e disfrutamos con "A BELA NON DURMINTE"

domingo, 6 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018


De novo unha webquest. Agora imos investigar sobre a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas. 
Preme na imaxe e vai seguindo as instrucións.