Por se te aburres no Nadal, nestas imaxes tes actividades que che van gustar.
Recursos por materias
martes, 27 de diciembre de 2016
miércoles, 21 de diciembre de 2016
DESPEDIDA
Remata o trimestre e vaise Andrea a Suiza. Despedímonos dela e desexámoslle o mellor nun novo país. Ata pronto Andrea!!!!!!!
Visita a Correos
Aproveitemos que queriamos botar a carta aos Reis Magos para visitar Correos. Alí ensináronnos o que se fai coas cartas e paquetes qe chegan, e os que se envían desde aquí.
Ademais tivemos unha doce sorpresa. Moitas grazas pola atención que nos prestaron.
Ademais tivemos unha doce sorpresa. Moitas grazas pola atención que nos prestaron.
jueves, 15 de diciembre de 2016
lunes, 12 de diciembre de 2016
PARABÉNS A NICOLETA
Por gañar un accesit no concurso da Voz de Galicia de Contos de Nadal
Podedes ver AQUÍ a entrega de premios
Podedes ver AQUÍ a entrega de premios
viernes, 9 de diciembre de 2016
Saída a Santiago
VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL
ESCOLA GALEGA DE CONSUMO E VISITA A SANTIAGO
MUSEO DO POBO GALEGO
BOMBÓNS DE CHOCOLATE
Preparamos xa os doces de Nadal.
Hoxe bombóns de chocolate, de figos secos, de gominolas, e pedras de améndoas.
martes, 29 de noviembre de 2016
domingo, 27 de noviembre de 2016
Saída a Santiago de Compostela
O día 5 de decembro o alumnado de terceiro e cuarto nivel faremos unha saída a Santiago de Compostela.
Visitaremos o Museo de Historia Natural , onde teremos unha visita guiada.
Despois iremos á Escola Galega de Consumo, onde faremos un obradoiro sobre o Consumo en Nadal.
Pola tarde remataremos cunha visita ao Museo do Pobo Galego, onde faremos un xogo de pistas.

O conto de Barriga Verde
O día 25 de novembro o alumnado de cuarto e quinto nivel disfrutamos dun contacontos no Pazo da Cultura.
Tratábase de O conto de BarrigaVerde, que escribiu Manuel María, e nos contou a historia de amor de Fiz e Catuxa e como Barriga Verde e a variña máxica Berenguela os axudou a estar xuntos.
Tratábase de O conto de BarrigaVerde, que escribiu Manuel María, e nos contou a historia de amor de Fiz e Catuxa e como Barriga Verde e a variña máxica Berenguela os axudou a estar xuntos.
martes, 22 de noviembre de 2016
domingo, 20 de noviembre de 2016
Horta en novembro
Tocou dar unha voltiña pola horta.
Tiñamos que arrincar malas herbas que medraron no medio dos cultivos.
Tamén botamos cascas de ovo arredor das plantas, para que non a coman as lesmas e os caracois.
Atopamos unhas pequenas cabazas, a ver se medran e podemos comelas.
As rabizas xa teñen un bo tamaño e pronto as poderemos recoller tamén.
Enchemos algúns neumáticos con compost e terra, e nelas plantamos o physalis que tiñamos, unha roseira, unha framboeseira e un aguacateiro que conseguimos das súas sementes.
As acelgas estaban comidas dos caracois, plantamos outras novas, vermellas, e botámoslles cascas de ovos darredor para que non os volvan a comer.
Níscalos no patio
Atopamos un montón de cogomelos nun recuncho do patio.
Nunca antes os houbera.
Di a profesora que son níscalos, coma os que xantamos hai unhas semanas.
lunes, 14 de noviembre de 2016
viernes, 4 de noviembre de 2016
ECOSISTEMAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)