jueves, 8 de junio de 2017

Horta en xuño







Carreta de libros

Durante o mes de maio aproveitamos o bo tempo para ler nos recreos. Todos os días saía unha carreta con libros e revistas cos que gozamos de momentos de relax e lectura ao aire libre. Queremos que se repita o curso vindeiro.

Visita de Anxo Moure

Despois do traballo ao longo do curso arredor do libro O Carballo con Botas foi un bo final a visita de Anxo Moure, que deixou no noso alumnado unha pegada importante que non será doado esquecer.

ANXO MOURE from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

Visita ao Concello

Continuamos o mes cunha visita ao Concello de Carballo. Alí recibiunos o Alcalde, que contestou ás nosas preguntas e nos explicou como funciona un Concello e os servizos que presta. Despois visitamos onde se fai a xestión económica, a urbanística, a Policía Nacional e a Local. Rematamos visitando o mercado, a Biblioteca Rego da Balsa e o Museo de Bergantiños.

E se queres ver como saímos na prensa preme AQUÍ

Visita a Aspaber

Comezamos o mes de xuño coa visita a Aspaber, un centro ocupacional moi preto do colexio, onde aprendemos que todos podemos ser útiles, e os compañeiros e compañeiras de Aspaber nos demostraron como se esforzan por ter cada día unha vida mellor. Aprendemos moito de todos e todas eles/as.

Lectura compartida con Carlos Casares

Polas Letras Galegas compartimos lecturas das obras de Carlos Casares. Unha das obras era As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. E para lembrala agasalláronnos cun zume de laranxa natural despois da lectura.

Mago Benxamín

A véspera das Letras Galegas a ANPA agasallounos cunha actuación moi especial do mago Benxamín, que nos fixo gozar cos seus trucos de ilusionismo. Como faría????