Para ver todas as fotos clica AQUÍ
Recursos por materias
viernes, 31 de octubre de 2014
martes, 28 de octubre de 2014
viernes, 24 de octubre de 2014
miércoles, 22 de octubre de 2014
martes, 21 de octubre de 2014
martes, 14 de octubre de 2014
lunes, 13 de octubre de 2014
Visita ás Fragas do Eume
Aproveitando a viaxe a A Capela achegámonos ao Parque Natural das Fragas do Eume, un exemplo de bosque oceánico.
Fixemos un pouco de sendeirismo, collemos castañas, vimos unha garza, pegadas de animais....
Xogos tradicionais no colexio de A Capela
Un ano máis achegámonos ao CEIP Mosteiro de Caaveiro para aprender a xogar como o facían os nosos pais ou os nosos avós e avoas.
Desta vez Ahinoa, Brais, Carolina, Xiao, Jonathan, Aixa..... e Xabi, ensináronnos a xogar á peste, ao conxelado, á rá, ao muíño, á porca, fixemos carreiras de sacos, saltamos á goma, aos pelouros... e sobre todo convivimos cuns rapaces e rapazas estupendos.
Grazas pola súa hospitalidade. Queremos volver.
Ah..... e o noso favorito foron os arrastres, que nos contou Xabi que foi recollido vendo como xogan nenos de Etiopía.
Tan lonxe e tan preto. Que derrapes!!!!!!
Marmelo
Facemos dóce de marmelo.
Como é unha froita apórtanos vitaminas e fibra, como leva azucre apórtanos hidratos de carbono, que nos dará enerxía.
Horta de outono
Sementamos repolo, brécol, coliflor, leitugas, rabizas e acelgas.
Tamén preparamos a terra para outros cultivos mesturando a terra con esterco.
Xa nos tarda ver como medran.
Facemos compost
jueves, 2 de octubre de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)