O curso pasado, no mes de xuño, e por mor da folga de transporte, non puidemos facer unha saída ao porto de Laxe.
Puidemos por fin facela agora.
Este venres visitamos o porto de Laxe, a Lonxa, o Museo do Mar, e tivemos un obradoiro de alimentación relacionada co mar.
Moitas grazas á Consellería de Pesca, e ás monitoras que tan ben nos explicaron o importante que son os recursos mariños para a nosa alimentación. Vimos distintos barcos de pesca, como funciona unha lonxa, os peixes que ían chegando....
O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario